25.5.10

Boiro: o Concello despídese tamén da cuarcita na rúa Santos Mieites

Con cuarcita

Sen cuarcita

Boiro, 25 de maio de 2010. O Concello de Boiro informa que, a partir de mañá mércores, día 26 de maio, procederase a levantar a cuarcita da rúa Santos Mieites, no tramo comprendido entre as rúas Robustiano Pérez del Río e Poeta Manuel María, para ser substituída por adoquín, igual ao xa utilizado no resto desta rúa peonil e na Pablo Iglesias. O motivo deste cambio son as constantes roturas da cuarcita, polo que se decidiu utilizar outro material máis resistente, tendo en conta tamén o bo resultado do adoquín no resto da zona peonil.

O Concello de Boiro, que xa ten informado aos comercios afectados do inicio das obras, pide desculpas tanto aos empresarios como aos veciños polas molestias que a actuación poida ocasionar, á vez que se pon á súa disposición, a través da Concellería de Obras e Servizos, para atender calquera incidencia ao respecto.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical