25.5.10

Boiro: caravana de vehículos antigos o xoves 26 de maio

Boiro, 25 de maio de 2010. Unha caravana integrada por nove vehículos antigos visitará Boiro este xoves, día 26 de maio. A viaxe, organizada polo Club Packard Ibérica, parte da Praza Maior de Salamanca con destino á Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela, á que está prevista a chegada para o xoves a mediodía. Logo de asistir á Misa do Peregrino, a comitiva porá rumbo a Boiro, onde parará para comer no Restaurante Florida (sobre as 15.00 horas).

 

Ao remate do xantar, sobre as 17.00 horas, os coches antigos  vanse desprazar ata o casco urbano de Boiro, por onde pasarán pola rúa Principal para dirixirse ao peirao de Escarabote e, posteriormente, ao de Cabo de Cruz. De volta ao casco urbano, permanecerán expostos na Praza de Galicia durante unha hora.

 

Entre os vehículos que participan nesta ruta figuran un Packard descapotable de 1930, un Dodge 1935 convertible, un Rolls Royce Corniche cabrio e un par de Jaguar.


Quen queira máis información sobre o Club Packard Ibérica e os incribles coches que forman parte del, só ten que ver a web http://www.packardclub.es. Teñen un concepto moi "seu" do emprego de Internet, pois hai que pedir permiso para publicar as fotos que alí teñen, así que empregamos nesta información unha imaxe que nada ten que ver con eles, pero que poden vostedes empregar no que desexen, como todas as de Certo.gl.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical