5.5.10

Rianxo: que foi de Evaristo Martelo?

Evaristo Martelo

Evaristo Martelo Paumán naceu na Coruña en 1853 no seo dunha familia nobre; de feito ostentou os títulos de marqués de Almeiras e Vizconde de Andeiro. Os seus pais foron Ramón Martelo Núñez de Leis e Dolores Paumán Zuazo de Andrade.

Foi probablemente durante a súa infancia cando Evaristo herdou do seu pai a paixón polas antigas glorias familiares e polo mundo medieval.. Efectivamente, a súa avoa era descendente dos Moscoso, unha das máis importantes familias da Idade Media galega.

Ramón Martelo puxo o seu empeño en rescatar a liñaxe que a finais do século XIX estaba en franca decadencia económica. Esta foi unha das razóns que o levou a mercar o castelo de Vimianzo, un dos solares máis emblemáticos da familia.

A infancia de Evaristo transcorreu entre as diferentes propiedades dos pais: A Coruña, a Casa do Arco en Laxe, o pazo dos Andeiro en Rianxo e o castelo de Vimianzo. Pouco máis coñecemos dos seus primeiros anos. Foi coñecido pola súa actividade literaria. A obra que deixou é breve, pero nela aprécianse as influencias estéticas e intelectuais das personalidades da época, especialmente de Pondal, pero tamén de xente como Murguía, Castelao ou Cabanillas. Nos seus escritos queda evidenciado que é un marcado defensor da lingua galega e da unidade histórica e cultural de Galicia.

O último premio Historia Medieval de Galiza e Portugal, Suso Vila, falaba na súa obra dos último señores de Rianxo, os Soutomaior. Pero foron eles os últimos? Ou foi Evaristo Martelo?
Que pegada deixou na vila? En que monumentos ou rúas o lembran?
Unha figura a recuperar. Na Rede están a facelo. Chegamos a este portal educativo grazas a este blog:
http://seioque.com/index.php/backtothefuture/o-marques-de-almeiras-e-visconde...

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical