Acto seguido, o alcalde José Luis Torres Colomer, o concelleiro de Cultura Luciano Fernández, e Purificación Cores no nome da Asociación Cultural Alfalaia entregaron unhas estatuíñas conmemorativas a cada un dos grupos que se subiron ás tablas do Auditorio dende que o certame abrise o pasado luns.
Colomer subliñou a significativa labor desenvolvida por colexios e por asociacións de nais e pais para que Ribeira vaia xa pola decimo terceira edición da mostra. Tamén felicitou a Chiki Durán polo traballo realizado para que este certame volte a ser un éxito un ano máis.
Pola súa parte, Luciano Fernández quixo lembrar a colaboración especial de Carmen Peña e Celia Pillado, integrantes do Grupo de Teatro Municipal local.
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario