Ana Pontón pregúntalle ao Goberno do PP porqué suprimiu as axudas para o alugueiro aos adxudicatarios para compensalos polos prexuízos provocados pola demora na entrega das vivendas
Algunha das polémicas vivendas de Xarás
A parlamentaria nacionalista lembra que o proceso de construción destas vivendas “foi ben accidentado”. Foron adxudicadas o 21 de outubro de 2004 polo daquela Goberno do PP por un importe de 1,4 millóns de euros e tiñan un prazo de execución das obras que remataba o 22 de setembro de 2006. Porén, no momento da rescisión do contrato só estaba executada o 13,85% da obra.
A Consellaría de Vivenda do Goberno Bipartito solucionou esta situación herdada do Goberno do PP rescindindo o contrato e convocando un novo concurso para rematar os traballos. Así, o 11 de marzo de 2008 adxudicou de novo a obra cun prazo de execución de 12 meses.
Para compensar o prexuízo que se lle causou ás familias, a Consellaría de Vivenda decidiu conceder unha axuda de 2.000 euros aos afectados para sufragar o custo do aluguer mentres se executaban as obras, “unhas axudas –denuncia a deputada do BNG- que o actual goberno decidiu non renovar, desentendéndose das complicadas situacións persoais que se dan”.
“A Xunta ten que entregar as chaves aos adxudicatarios”
Unha vez rematadas, por fin, o pasado 1 de marzo sorteáronse as 21 vivendas protexidas e a Xunta fixo pública a entrega das chaves para este mes de maio. Porén, Ana Pontón denuncia que “a Xunta demora sen aclarar os prazos de entrega das chaves, sen aclarar os prazos nin ofrecer explicacións sobre esta situación”.
Para a deputada do BNG “esta situación debe solucionarse de inmediato e as vivendas deben ser entregadas ás persoas que resultaron adxudicatarias das mesmas, porque esta dilación está provocando situacións moi complexas para moitas persoas e a Xunta debería amosar máis sensibilidade ante este asunto”.
Ante esta situación, a deputada do BNG pregúntalle á Xunta por qué razóns demora a entrega dos pisos e en qué prazo prevé facelo. Ademais, demanda explicacións pola supresión das axudas aos adxudicatarios e adxudicatarias para compensar os prexuízos ocasionados pola demora na entrega destas vivendas. Relacionada: o Psoe tamén reclamou algo semellante o 2 de marzo, aquí
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario