A Pobra do Caramiñal, 14 de xuño de 2010. O Concello de A Pobra anunciou hoxe en nota de prensa o comezo das obras de saneamento no lugar de Pozo:
"Vistas as necesidades existentes no lugar do Pozo, en San Lázaro – Parroquia de Santa Cruz, o concello considerou oportuna a elaboración dun proxecto para a instalación de rede de saneamento, abastecemento de auga e separativa de pluviais.
Este foi presentado na Consellería de Medio Rural que, para satisfacción deste alcalde e do equipo de goberno, lle deu o visto bo, sacouno a licitación e foi adxudicado á empresa CONSTRUCCIONES NIMA S.A. O orzamento de execución é de 195.986,98 € e a actuación consistiría na realización das seguintes obras:
- Rede de abastecemento: colocación de 245 metros lineais de tubaría de 90 mm en PEAD con 3 válvulas.
- Rede de saneamento: colocación de 215 metros lineais de tubaría de 315 mm de diámetro en PVC SN4 Compacto e 7 pozos.
- Rede de pluviais: colocación de 260 metros lineais de tubaría de 315 mm de diámetro en PVC SN4 Compacto e 8 pozos.
Todas as canalizacións irán soterradas en zanxa, rechea con material de préstamo e procedente da escavación. Repoñerán o pavimento que resulte afectado ou demolido na execución das obras con base de formigón de 20 cm. e capa de rodadura de 6 cm de aglomerado asfáltico en quente.
Damos as grazas á Xunta de Galicia, e máis concretamente, á Consellería de Medio Rural, por acometer esta obra tan necesaria coa que, sumada á obra realizada con cargo ao F.E.I.L. e levada a cabo pola empresa AQUAGEST S.A., completaranse todos os servizos desta zona e o noso concello dará un paso máis para a consecución do saneamento integral, un dos piares sobre os que se basea o traballo que ven desenvolvendo este equipo de goberno".
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario