"(...) no século X Sisnando (bispo de Iria Flavia) ordenou a construción do Castelo de San Xurxo nas beiras do monte Pindo, para protexer estas terras dos continuos ataques dos piratas medievais. Diversas familias nobres de Galiza habitárono ata que o castelo foi destruido no ano 1467 nas Revoltas Irmandiñas. Dise que fai cincuenta anos aínda se podían ver parte dos seus muros, desfeitos polos buscadores de tesouros (...)". Foto cargada o
22 de xullo, 2009 por
Noel Feans en Flickr
Ribeira, 14 de xuño de 2010. A Asociación As Miñoteiras organiza, coa colaboración do Concello de Ribeira, unha ruta de sendeirismo polo Monte Pindo que se desenvolverá este domingo 20 de xuño.
Cun percorrido de 14 quilómetros, o itinerario inclúe a ascensión á Pena Moa (627 metros), que se efectuará a ritmos moi suaves e con frecuentes paradas, de xeito que calquera persoa cun mínimo de fondo físico poida disfrutar dunha das rutas montañeiras coas vistas panorámicas máis impresionantes das que podemos gozar na costa galega.
A saída terá lugar da estación de autobuses de Santa Uxía de Ribeira ás 9.30 horas. O prezo por participar é de 10 euros.
Os interesados poden inscribirse na Oficina Municipal de Deportes (981 835 650 ou deportes@riveira.com).
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario