25.6.10

A Pobra do Caramiñal: os socialistas piden que o Concello teña web e se incorpore ás novas tecnoloxías

Download now or preview on posterous
moción TIC.docx (48 KB)

A Pobra do Caramiñal, 25 de xuño de 2010. A concelleira socialista e secretaria do Psoe pobrense, María Teresa García Guillán, apunta que nun concello "coa tradición e relevancia da Pobra, parécenos un despropósito que non estea inmerso na sociedade da información. Contan con páxina web concellos da comarca como son Mazaricos e Lousame que, con ben menos recursos, menor poboación e menos turismo adaptáronse as novas tecnoloxías. O alcalde non para de dicir que quere converter a Pobra nas praias de Compostela pero ofrecer a máxima información a veciños e visitantes, parece ser que non está entre os seus obxectivos". Por estes motivos, vén de presentar unha moción no nome do seu grupo para solicitar no vindeiro pleno que A Pobra do Caramiñal se convirta nun "Concello 2.0".

Máis de mil en Facebook

O grupo socialista de A Pobra conta con perfil en Facebook, a maior rede social mundial da actualidade, e xa agregou máis de mil contactos (amigos). Tamén teñen un blog en Blogger, en http://pobrasocialista.blogspot.com, que actualizan coas súas propostas e visión do que acontece no municipio.

O Concello ten só unha páxina de Deportes

A única web con información oficial da Pobra refírese aos deportes. En http://apobradeportes.com infórmase con antelación dos actos que vai haber e tamén contan cunha nutrida galería de imaxes destas actividades deportivas en Picasa, en http://picasaweb.google.com/A.Pobra.Deportes.

O resto da información de A Pobra do Caramiñal na web repártese entre webs de particulares. A máis activa, polo que a nomeamos en moitas ocasións neste xornal, é http://www.desdepobra.com, que conta incluso con vídeos actualizados cada pouco e galerías fotográficas dende que neste Concello se tomaron as primeiras imaxes.

Na mesma liña de Desde Pobra está http://webpobra.com, que é moi similar  no plantexamento á que hai en Boiro (webboiro.com). Logo hai páxinas estáticas como http://www.apobra.com, que parecía ía ser a oficial do Concello, pero non da arrincado, como sucede con outros concellos da zona, caso de Porto do Son ou mesmo Noia.



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical