

Previstas dúas zonas de acceso
A nova actuación responde entre outros obxectivos á necesidade dun maior aproveitamento dos espazos existentes e á necesidade de diferenciación de circulacións dos distintos usuarios, abonados e non abonados. Vaise realizar a separación dos distintos usuarios coa ubicación do vestíbulo de acceso no edificio polideportivo, para o que se construirá un control de acceso para a zona de abonados e outra de acceso directo a usuarios. Na zona do polideportivo demoleranse as actuais dependencias utilizadas como vestiarios e construíranse uns novos; e ademais aproveitarase o espazo baixo gradas para situar tres salas de actividades. Haberá tamén un almacén de pista na zona próxima ás escaleiras de acceso ás gradas.
Ximnasio e ascensor
O espazo ocupado pola actual recta de atletismo en planta primeira adecuarase para o seu uso como ximnasio. Para mellorar a accesibilidade tanto a este espazo como os outros que se sitúan en planta alta, construirase un ascensor.

Piscina
No que respecta ao edificio que alberga os vasos de natación, ampliaranse e reformaranse os vestiarios e crearase unha nova zona de tratamentos accesibles dende a zona dos vasos. Ademais, substituiranse as máquinas de climatización e caldeiras existentes por outras de maior potencia e impermeabilizaranse e pavimentaranse as praias dos vasos e renovarase o revestimento do vaso de aprendizaxe.

Zona wellness
En alusión á devandita zona de tratamentos ou wellness, deseñouse un circuíto cos seguintes servizos:
- Hidroterapia: instalación dun jacuzzi dotado con jets de auga e aire e placas de aire tanto no chan como nos asentos.
- Tratamento con calor: instalación dunha sauna e un baño de vapor, que teñen efectos sobre o organismo de eliminación de toxinas a través do suor, tonificantes e vasodilatadores.
- Aplicación en contraste frío-calor: instalaranse tres sistemas de contraste: ducha-cubo (ducha de contraste con caída de auga sobre o corpo do usuario); ducha bitérmica secuencial (ducha secuencial de auga fría e quente que se toma despois da prestación de calor para estimular os sistemas nerviosos e musculares e activar a circulación; conta con jets de ducha, cadro hidráulico e pulsador antivandálico) e ducha de chorros (ducha con jets situados a distintas alturas para poder aplicar unha hidromasaxe de zonas lumbares, cervicais, dorsais, etc... producindo un efecto terapéutico; conta con jets de encastre e pulsador antivandálico).
Ademais, dotarase á zona con equipamento de tumbonas térmicas que se colocarán na zona de praia e que conformaran a zona de descanso despois do tratamento do circuíto.
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario