María Torres denuncia que “Feijóo terá un comportamento retrógrado si impulsa unha Lei de Prevención de Consumo de alcohol entre menores de Galicia, feita de costas á opinión da mocidade. O anteproxecto de lei amosa que ao PP non lle interesa escoitar á mocidade”.
Mozos de botellón nunha praia
Para Xuventudes Socialistas, este anteproxecto só recolle pequenos cambios con respecto ó orixinal presentado e que fundamentalmente teñen que ver coas limitacións de espazos nos que se pode consumir alcohol en presencia de menores, así como en materia de procedemento sancionador. "Así a Xunta de Galicia, que inicialmente prohibía o consumo de alcohol nos centros de ensino ou nos centros deportivos, agora deixa a porta aberta a que maiores de idade consuman alcohol nos centros docentes ou nos centros deportivos sempre que “maioitariamente” haxa máis maiores de idade que menores de idade, cuestións estas que xa se regularon por primeira vez nunha Orde estatal de 7 de Novembro de 1989 na que se prohibía a venta de tabaco e alcohol en centros escolares, ou no artigo 67.1 da Lei 10/1990 do Deporte aprobada polo Congreso dos Deputados, onde prohíbe expresamente nas instalacións nas que se celebren competicións deportivas a introdución e venta de toda clase de bebidas alcohólicas”. Para a responsable de Xuventudes Socialistas, “o que agocha esta realidade é unha actitude cínica por parte da Consellería de Sanidade na que só se penaliza ou mero consumo estético por parte de menores de idade, deixando de ser un problema a partir dos 18, xa que parece non importar o consumo de alcohol por parte de maiores de idade en contextos típicamente infantís e xuvenís”. “Das propostas presentadas polas Xuventudes Socialistas de Galicia, só tiveron en conta un par delas de mellora de texto e fomento do asociacionismo, que poñen enriba da mesa o único interese da Xunta de Galicia de maquillar un proxecto que continúa sen achegar nin unha soa proposta de nivel asistencial ou de incorporación social nin propostas sólidas en materia preventiva”, remarcou Torres Pose Deste xeito, afondou María Torres, “o texto continúa a estar centrado na prohibición e na sanción”. “É grave que non se teña recollido ningunha das aportacións que dende as Xuventudes Socialistas temos feito no ámbito preventivo, asistencial ou de incorporación social, xa que segundo a organización xuvenil este debería ser o groso da lei", remarcou, así como que se negan "a garantir o acceso a servizos asistenciais eficaces, que conten con persoal axeitadamente formado tanto para a atención dos mozos e mozas que consumen alcohol de xeito abusivo como para as súas familias. “ A secretaria das XSG cuestionou novamente que Sanidade “só se preocupe do consumo de alcohol ata os 18 anos e non o faga a partir desa idade” e que “persiga o consumo mediante a prohibición e a sanción sen preveer ningún tipo de medida de carácter reeducacional ante situacións de consumo abusivo”, cando está demostrado que este non é o camiño. Neste senso dende as XSG manteñen que “o anteproxecto se centra case en exclusiva en “prohibir o consumo” a menores de idade, cuestión esta que presenta múltiples dúbidas de encaixe constitucional e que pretende substituir a actividade preventiva e asistencial por prohibición pura e dura. A administración autonómica prefire pechar os ollos prohibindo que mollarse actuando, ademais de recoller como único medio de financiamento das actuacións preventivas o recadado vía sancións”. “A prevención ten que ser o eixo central do anteproxecto de lei”, subliñou María Torres, quen avogou pola educación como ferramenta “imprescindible” para os hábitos de vida saudables. “Temos que ser conscientes de que o consumo de alcohol forma parte dos nosos sistemas de socialización dos que os máis novos toman partido dende idades temperás”. Para Xuventudes Socialistas, “hai que potenciar a autonomía da nosa mocidade para que poidan tomar decisións responsables e informadas, fomentando a adquisición de habilidades sociais e persoais que poidan influír sobre os factores que determinan a súa saúde”. Relacionado:
Botellón: todos os puntos de vista. Unha reportaxe de Tamara Peña
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario