Download now or preview on posterous
36764-INT Remodelación borde litoral Porto Son (I).pdf (121 KB) Porto do Son, 18 de xuño de 2010. O PSdeG, a través do seu deputado Xosé Manuel Lage Tuñas, pide a Núñez Feijóo explicacións "claras e urxentes" sobre a paralización da obra de remodelación da fachada marítima de Porto do Son.
Lage Tuñas interpela ao goberno polos motivos que fan que unha obra adxudicada fai un ano aínda non comezara a executarse. O deputado noiés do PSdeG levará ao pleno do parlamento este asunto "pola súa gravidade" e manifesta que "ou hai algo anómalo ou hai unha xestión neglixente". Lage asegura que "é preciso que o goberno galego explique porque en Porto do Son non comezan os traballos dunha obra adxudicada en xullo do ano 2009, xa que non hai respostas por parte de Portos de Galicia e o goberno de Feijóo da a calada por resposta cando se trata dunha obra de máis de tres millóns de euros que foi adxudicaba xa polo actual goberno galego".
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario