Aquí vedes reproducida unha reconstrución dos castros de Neixón que apareceu no libro das festas de Boiro 2010 e que seica vai ser a portada da guía breve da área arqueolóxica de Neixón. Seica esta era a visión de Neixón no século III a. C.
É lamentable que se engane á xente despois de anos e anos de escavacións, despois de centos de páxinas publicadas. O arqueólogo do CAB volve amosar a súa sapiencia con despropósitos como amosar habitado o Castro Pequeno cando os vestixios últimos de ocupación son do século V a. C., como inventarse entradas ao Castro Grande por onde non son, como inzar o interior do recinto superior do Castro Grande de casas no século III a. C., cando o único que había eran foxas esparexidas polo interior da croa (non era un poboado), como inventarse literalmente un antecastro habitado.
O que está claro é que aquí hai alguén que non sabe nada da área arqueolóxica que seica debe xestionar, que non leu nin unha páxina das memorias de escavación precedentes e que engana ao público visitante. Profesional, moi profesional.
A este paso, Pepe Carreiro (o comiqueiro autor de "Os Barbanzóns" e "Os Bolechas") vai ter máis criterio científico que algúns arqueólogos...
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario