Pachi Vázquez urxe reformar Estatuto "para que Galicia saia reforzada da crise e blindar o noso sistema de benestar". Esixe a Feijóo “que non use a palabra galeguismo en vano, porque ninguén pode dicir que é galego e galeguista cando pisotea a nosa cultura, a nosa lingua e a nosa identidade” Rianxo, 26 de xullo de 2010.- O secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, urxiu a reforma do Estatuto “para que Galicia saia reforzada da crise, para garantir os dereitos de cidadanía dos galegos e galegas e blindar o noso sistema de benestar”. Vázquez fixo esta reivindicación na súa intervención no acto dos socialistas galegos no Día de Galicia, en Rianxo, que incluíu unha ofrenda floral a Castelao na que participaron diversos cargos orgánicos e institucionais do PSdeG. Vázquez defendeu neste acto os principios do socialismo e do galeguismo como piares fundamentais da acción política do PSdeG e do desenvolvemento de Galicia. “Un desenvolvemento que tivo un forte pulo hai case tres décadas, coa entrada en vigor do Estatuto de Autonomía de Galicia”, apuntou, “pero que hoxe resulta insuficiente para acadar o grao de autogoberno que nos permita estar ao máximo nivel autonómico no marco da Constitución”. Por iso, avogou por “adaptar a norma institucional básica de Galicia ás necesidades do século XXI” a fin de acadar “maiores cotas de benestar para os galegos e as galegas” cun novo Estatuto “que sexa útil á cidadanía e que conxugue identidade, lingua e tradición con competencias, financiamento, benestar e modernidade”, subliñou. Vázquez reiterou ante o monumento de Castelao o “compromiso inquebrantable” do PSdeG coa defensa de Galicia para un futuro “que require a mellora da capacidade de goberno, o establecemento de novos dereitos e o reforzo da nosa propia identidade, e que garanta as bases da autonomía financieira”. Lembrou que, en base a estes principios, o PSdeG presentou unha proposta de acordo para aprobar un novo Estatuto “que nos permita saír reforzados da crise e que favoreza a modernización e o progreso, comprometido co benestar social, a calidade democrática, os dereitos cidadáns, a igualdade de xénero, o desenvolvemento económico sostible e a defensa do patrimonio natural”. “En este momento de dificultade económica, no que miles de galegos e galegas están no paro, a política é máis necesaria que nunca”, sinalou, á vez que engadiu que “non son tempos de esconderse, senón de afrontar a situación e asumir un novo Estatuto que fortaleza o noso país, no marco da Constitución”. Reclamou a Feijóo que “en vez de confrontar, traballe por unir, por acadar consensos”, e pediulle “un compromiso sincero para sacar adiante o país crendo en Galicia e renovando o Estatuto”.
“Os erros cometidos neste último ano polo Goberno galego son numerosos e graves, pero acaso ningún teña tanta relevancia neste 25 de Xullo de 2010, como o ataque sufrido pola nosa lingua”, subliñou Pachi Váquez, polo que recalcou que “hoxe é mais necesario que nunca fortalecer o autogoberno e a nosa identidade, e estamos seguros de que é o tempo propicio de acometer a reforma estatutaria e pechar o marco competencial, normativo e financiero do autogoberno galego”. Esixiu a Feijóo “que non use a palabra galeguismo en vano, que lea a Castelao e o seu compromiso coa identidade, porque ninguén pode dicir que é galego e galeguista cando pisotea a nosa cultura, a nosa lingua e a nosa identidade”, sentenciou.
“Os socialistas cremos en Galicia e queremos a este país”, afirmou, polo que reiterou o compromiso do PSdeG “para acadar acordos e promover políticas de consenso e encontro”, aínda que advertiu que “non permitiremos que Galicia retroceda nos dereitos adquiridos”.
A este respecto Vázquez lembrou que “nun ano, Feijóo e o seu goberno están a dilapidar todos os avances acadados polo anterior goberno socialista” e contra isto fixo un chamamento ao socialismo para “traballar para non retroceder nin un centímetro nos dereitos sociais, nas políticas de igualdade, a educación, a sanidade e na defensa da lingua”. “Ningún presidente en toda a historia da democracia fixo un desprezo tan grande á nosa lingua e á nosa cultura como Feijóo”, aseverou, á vez que afirmou que “a este país quéreselle cando se lle fai sitio a todos os homes e mulleres e se pensa en todos eles, non cando se defenden intereses partidistas”.
Ataque á lingua e desprezo á cultura galega

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario