Armental, en plena nadada nun reto do ano 2009. Foto: Dani Gestoso
Boiro, 1 de agosto de 2010. Tras superar unha lixeira lesión nun ombreiro Juancho Armental ultima a súa preparación para o seu complexo e vindeiro reto persoal. Nunha data aínda por sinalar desta quincena de agosto percorrerá, en "Loitar contra o Imposible", os máis de 21 quilómetros de distancia que separan na Ría de Arousa a Illa de Sálvora (enfronte a Ribeira) e a praia de Barraña, na súa localidade natal de Boiro. As condicións mentais deste afrontador de retos están fortes, tralo éxito acadado por Juancho Armental na primeira das súas travesías para este ano 2010 celebrada o pasado sábado día 10 de xullo entre Vilagarcía de Arousa e Pontecesures (16 quilómetros), pola que se convertiu no primeiro galego da Historia en facer a nado a Ruta Marítima Xacobea polo Río Ulla. Nesa fazaña rebaixou o tempo acadado por David Meca en 3 horas e 32 minutos (aínda que se fixeron catro quilómetros menos),
Segundo intento
Foto: Dani GestosoEsta travesía entre Sálvora e Barraña xa a intentara o ano pasado e rematou co ingreso médico de Juancho Armental a consecuencia dunha hipotermia (baixoulle a temperatura do corpo a 30 graos) e unha hipoglucemia (os niveles baixáronlle a 32), causadas polas inclemencias metereolóxicas naquela ocasión.
O deportista boirense agradece a todos de antemán "o trato e a cobertura que nos prestáchedes na anterior proba, que serviu a modo de test de cara á proba raiña a celebrar como vos comento en agosto. Agardamos nestas derradeiras semanas a colaboración e o patrocinio daquelas empresas que aposten polo deporte e por este xeito de vivir, que vincula a éstas e á súa imaxe de marca a valores como a superación persoal, á loita, á planificación profesional, ao esforzo e a un sinfín de inputs que tanto a nivel persoal coma profesional son condicións sine qua non para acadar as metas fixadas".
Foto: Dani Gestoso
Foto: Dani Gestoso
ALGÚNS DATOS DESTE VINDEIRO RETO:
SAÍDA: Illa de Sálvora.
HORA DE SAÍDA: Por confirmar.
CHEGADA: Praia de Barraña (Boiro).
QUILÓMETROS: arredor de 25
OBXECTIVO: Ser a primeira persoa da historia en cruzar e atravesar toda a ría de Arousa (xa cruzou o ano pasado desde Vilagarcía hasta A Pobra do Caramiñal).
ADESTRAMENTOS: Todas as tardes na praia de Carragueiros en Boiro baixo as ordes do seu adestrador persoal, Jesús Silva. Cando se realice o reto, Juancho terá superados os 500 quilómetros desde que comenzou a súa preparación no mes de xaneiro deste ano.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario