Santa Tegra é un dos castros mellor reconstruídos de Galicia (flickr de eileenmcmahon)
Dodro, 2 de agosto de 2010. O pasado sábado 31 de xullo case 150 veciños e veciñas do concello de Dodro viaxaron a Baiona, Santa Tegra e Valença do Minho, xa en Portugal. A excursión, programada pola Concellaría de Cultura e Patrimonio que dirixe o nacionalista Anxo Franco, foi un éxito de participación, xa que houbo que fletar finalmente tres autobuses.
Os asistentes disfrutaron da viaxe, onde puideron apreciar tres tipos claros e diferenciados de turismo: o de sol e praia tamén co parador de turismo da localidade de Baiona; o turismo cultural e sostible de Santa Tegra, que fixo pensar a máis dun veciño que Dodro tamén pode recuperar os seus castros no futuro como atractivo turístico; e o turismo comercial da Fortaleza en Valença do Minho, sobre todo de produtos textís e viño.
O edil Anxo Franco valorou a viaxe "moi positivamente, ao ser un día completo de convivencia e lecer de máis dun cento de veciños e veciñas que aproveitaron para coñecer o país pero tamén para coñecerse e contactar entre sí".Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario