Cun orzamento de 260.000 euros, as obras de reparación e consolidación da ponte románica comezaron en xuño e durante os meses de xullo e agosto rematouse a reparación da súa cimentación. No momento actual estanse a corrixir os desplomes dos tímpanos cunha nova montaxe no seu lugar orixinal
A ponte de Traba hai uns días
A ponte de Traba en marzo de 2009
Tímpanos desmontados e colocados nunha leira adxacente na actualidade Actualmente estanse a corrixir os desplomes dos tímpanos da ponte mediante o seu desmontado e nova montaxe no seu lugar orixinal. Para evitar que estes desplomes volvan a producirse debido ao empuxe do terreo e a carga do tráfico, estase a executar entre os tímpanos da ponte un recheo confinado con xeomaias que eviten ou minimicen eses empuxes laterais. Tamén está xa executado o cosido da greta na boquiña dun dos arco, a cal se realizou con grampas de aceiro inoxidable. Os principais traballos pendentes, unha vez rematadas estas reparacións, serían os correspondentes á pavimentación final da ponte, na que se diferenciarán a zona de tráfico peonil nos laterais, realizado en lousa, da zona de tráfico rodado con pavimento adoquinado na zona central.
Detalle dos tallamares nos que se refuxiaban os peóns cando pasaban as carruaxes A Ponte de Traba é unha ponte románica dos séculos XIV – XV que salva o río grazas a catro arcaváns apuntados apoiados en piares. A súa fábrica é de cantería de granito, e ten un ancho de 2,85 metros. Quedan libres para uso uns 2,5 metros. Posúe dous tallamares triangulares coma refuxio para peóns, característicos das pontes de finais do medievo. Atópase na vía de comunicación entre o casco antigo e Noia e a parroquia de Barro, sobre o río Traba.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario