"A falta de planificación dun goberno municipal esgotado leva ao alcalde da Pobra a propoñer a construción dun centro de saúde sen respectar o regulamento de policía sanitaria mortuoria," di o Psoe pobrense
Os cemiterios e os centros de saúde ou outras infraestruturas deben estar separados alomenos 50 metros
A Pobra do Caramiñal, 24 de agosto de 2010.- Os socialistas de A Pobra lémbranlle ao alcalde, o "popular" Isaac Maceiras, nunha nota de prensa, que hai que axustarse á lei para construír determinadas infraestruturas. Como é habitual en Certo, poñémoslles a nota íntegra:
"Parece ser que a Consellería de Sanidade ten prevista a execución dun novo centro de saúde para a Pobra do Caramiñal, para o cal é preciso que o Concello ceda os terreos necesarios para a construción do mesmo.
As instalacións do actual centro de saúde xamais foron modificadas estruturalmente nin se lles prestou o adecuado mantemento dende a súa inauguración, e por isto que ofrece un estado lamentable, de deterioro e abandono, prestándose os servizos sanitarios a poboación nun inmoble terceiromundista. Polo tanto, é imprescindible que se rehabilite en profundidade o edificio existente conforme ás novas necesidades, ou ben se faga un novo centro de saúde.
O goberno municipal propón a construción dun novo centro de saúde situado en San Roque, a carón do cemiterio Parroquial de Santa María a Antiga do Caramiñal. A ubicación proposta correspóndese coa zona verde do polígono 9, polo tanto, dito polígono carecería de zonas verdes no futuro, cando se procedese a construción da citada parcela, principios estes contrarios o proposto no Plan Xeral de Ordenación Municipal, xa que a obrar desta maneira estarían limitando as zonas do ocio municipais.
É dicir, fixeron un PXOM e non deixaron previstos espazos para dotacións públicas, agora vense na obriga de facer convenios precipitados, ter que volver a modificar o Plan Xeral para poder edificar no lugar que corresponde a unha zona verde. Eles modifican cada vez que lles peta o PXOM, e por que non fan o mesmo polos particulares que o precisan? Estas actuacións demostran a falta de planificación e de expectativas deste goberno municipal.
Debido á opacidade e a prepotencia utilizada por este equipo de goberno, a que non se nos escoita, que non hai vontade nin disposición para dialogar cos membros da corporación, é por esta razón pola que o grupo municipal socialista lle enviou una carta a Conselleira de Sanidade ca finalidade de que se nos informe sobre a idoneidade da parcela proposta desde o Concello para centro de saúde.
A información da que dispón este Grupo Municipal consiste en que para as construcións sitas a carón dun cemiterio establecerase como zona de protección unha franxa de 50 metros de anchura, medida a partires do cerre exterior do cemiterio polo que a construción do novo Centro de Saúde, estaría ubicada en zona verde, a carón dun cemiterio, carecendo da zona de protección de 50 metros, e en contra dos criterios seguidos pola propia Consellería noutra provincia. (Exemplo: Pontevedra- Sanxenxo).
O regulamento de policía sanitaria mortuoria, no artigo 47 sobre zona de protección di: “en torno o chan dedicado a construción dun novo cemiterio establecerase como zona de protección unha franxa de 50 metros de anchura totalmente libre de todo tipo de construción, medida a partir do cerre exterior do cemiterio”. Como é lóxico aplicamos a recíproca, si para construír un novo cemiterio hai que deixar 50 m. libres; en 50 m tampouco se poden facer novas construcións ao lado dos cemiterios existentes. Tal e como argumentan as Sentencia del Tribunal Supremo de datas 26 de xuño de 1996 e 14 de febreiro de 1997.
Tendo en conta que existen dúbidas razoables de que a ubicación proposta para Centro de Saúde cumpra os criterios legais pertinentes e incluso os mínimos preceptos de saúde pública e de seguridade e hixiene, que non ofrece garantías de salubridade, que se están creando falsas expectativas, que é necesario un informe da inspección de saúde pública, informe xeotécnico cas características do terreo, e que é un problema de interese xeral e o único, que pensa o PP deste concello e en facer novas propostas, (viables ou non), ca mirada posta directamente nas vindeiras eleccións municipais.
Non damos crédito a desinformación do equipo de goberno liderado polo Sr. Isaac, é gravísimo que teñamos que ser os socialistas (aos que Isaac denigraba publicamente hai ben pouco tempo) os que teñamos que advertir e informar da lexislación vixente, cando o concello conta con políticos que cobran con cargo ós orzamentos municipais e con tódolos técnicos posibles".
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario