Dodro, 6 de setembro de 2010. O pasado sábado, 4 de setembro, 95 veciños e veciñas do concello de Dodro viaxaron á Ribeira Sacra dentro do programa de saídas "Coñece o país" que puxo en marcha o nacionalista e responsable da área de Cultura, Anxo Franco. Nesta ocasión puideron apreciar a natureza salvaxe dos cañóns do Sil, que percorreron en catamarán. A continuación visitaron o mosteiro de Santo Estevo, onde ademáis da súa arquitectura visitaron a exposición de afiadores. Xa en Luintra xantaron o menú típico do lugar: empanada, polbo, carne de vitela ao caldeiro e bica. Pola tarde, ao tratarse dunha terra famosa polo seu viño, visitaron a adega "Regina Viarum" e como remate visitaron a vila de Monforte. Alí, o alcalde de Monforte, o nacionalista Severino Rodríguez Díaz, recibiu ao grupo, dándolles a benvida e ensinándolles eses lugares de Monforte menos habitualmente visitados polos turistas pero realmente interesantes. Durante o percorrido foi explicándolles tamén ao grupo cómo Monforte comezou a vivir de cara ao río e cómo se está a rehabilitar o casco antigo, onde ese mesmo día se estaba a celebrar unha festa xudía, con postos de artesanía (destacaba especialmente o de seda) onde se podía apreciar cómo traballaban os artesáns, e mesmo aprender a facelo.
Xa de volta en Dodro, Anxo Franco deu por finalizado o ciclo de saídas de verán.
Xa de volta en Dodro, Anxo Franco deu por finalizado o ciclo de saídas de verán.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario