Noia, 1 de setembro de 2010. A concellería de Tráfico e Seguridade Cidadá, que leva a socialista Rosa Ana Mariño, informa de que comeza a o periodo de proba para o trazado definitivo da circulación de tráfico rodado a de Noia. "Dende fai varios meses estanse a levar a cabo cambios importantes para a circulación de vehículos na nosa vila; fundamentalmente estas modificacións teñen como obxetivo acadar maior fluidez na circulación nas horas principais e ofrecer ao viandante a maior seguridade posible á hora de cruzar as estradas. Isto levou ao grupo de goberno a habilitar nos Malecóns de Gasset e Cadarso dobre sentido de circulación, poñer a rúa do Ferrador de subida e a rúa Rosalía de Castro de sentido único en dirección Muros", explica Mariño.
Pasos de peóns elevados na Barquiña, para protexer máis aos peóns "Para a concellería de Tráfico e Seguridade cidadá é prioritaria a seguridade vial, e tentar reducir o número de accidentes de tráfico, especialmente nos que se vexan implicados peóns, como no ano 2009, onde houbo varios accidentes con falecidos. Por iso fixose un investimento superior aos 42.000 euros en pasos de peóns elevados, tentando reducir a velocidade de media do tráfico na vila, primando a seguridade por riba de calquera cousa. Ademais procedeuse á colocación de semáforos e rotondas nas arterias principais de Noia. Esta semana rematará a fase principal do proxecto de semaforización do Plan Estatal: desaparecerán das estradas de Noia as líneas amarelas provisionais e as barreiras new jersey de plástico e no seu lugar teremos a nova organización de tráfico", argumenta.
Nova organización de tráfico en Noia
Mantense dobre circulación por Malecón de Gasset.
Pódese subir por rúa Ferrador e coller dirección Santiago por rúa de Galicia ou por rúa Rosalía de Castro.
Pódese voltar ao centro da vila baixando por rúa Besteiros ou dando volta a rotonda e baixando por Pedra Sartaña. Queda prohibido o xiro á esquerda desde Rosalía de Castro a Pedra Sartaña, de xeito que tódolos vehículos están obrigados a ir á rotonda para coller a dirección desexada. Este cruce estará regulado por semáforos que permitirán aos peóns cruzar con seguridade pulsando o botón, ademáis de regular o tráfico das catro vías que conflúen na rotonda.
Mantense tamén a dobre circulación no Malecón de Cadarso, ahora regulado por semáforos na intersección con rúa do Espírito Santo e a Ponte de San Lázaro.
Toda circulación que proveña do Malecón de Cadarso estará obligada a ir á rotonda da Praza das Américas. Queda prohibido xirar á esquerda no Malecón de Cadarso á rúa Escultor Ferreiro, como así se fixo durante os meses de xullo e agosto deste ano 2010.
Punto de posible colisión
Prodúcese un punto de posible colisión no momento en que se xuntan vehículos que dende a Ponte de San Lázaro queren acceder ao Malecón; vehículos que dende o Espírito santo queren ir a San Lázaro e os vehículos que dende Malecón de Cadarso queren acceder a Escultor Ferreiro. Polo tanto, ante este agravante, a circulación obrigará a tódolos vehículos que veñan do Malecón de Cadarso a ir á rotonda da Praza das Américas en San Lázaro e desde alí elixir a dirección desexada. Así mesmo, aos condutores que saian da rúa Espírito Santo, si se lles permitirá o acceso, regulado por semáforos, a tódalas direccións (Escultor Ferreiro, Malecón de Cadarso e Ponte de S.Lázaro).
Os peóns terán que cruzar cando o semáforo se poña en verde para os viandantes: este é o cambio máis importante nesta zona, pois a maior parte da retención de tráfico era producida polo continuado cruce de peóns. Elimínase o paso de peóns situado na Ponte de San Lázaro, polo que as persoas que circulen a pé por esta zona deberán cruzar con seguridade polos pasos de peóns agora habilitados. Nos tres últimos días de agosto fíxose a proba para ver como funcionaría o tráfico se se permitía o xiro directo cara á rúa Escultor Ferreiro pero o resultado foi negativo, polo que se procede á correción. Desde a concellaría de Tráfico tense rectificado ou modificado en numerosas ocasións algunha das decisións adoptadas, como no caso da última reforma dos tráfico en Labarta onde os veciños detectaron erros, que se procederon a corrixir. "Ainda que se fan estudios previos, no tráfico non todo é predicible, e temos claro que temos que estar abertos a corrixir cando sexa posible, non se trata de impoñer nada: o tráfico e cousa de todos, e todos os consellos e propostas dos veciños deben ser estudiadas", salienta Rosana Mariño.
Un cambio que dará máis axilidade ao tráfico é o realizado na rúa de Galicia coa intersección da rúa Rosalía de Castro. Habilitaranse dous carrís: un para os vehículos que circulen dirección Santiago, Muros, Fisterra e outro para os vehículos que van ao centro da vila ou ao Peirao do Marqués baixando directamente pola rúa Besteiros. Nesta lexislatura investiuse en tráfico e seguridade cidadá un orzamento de máis de 175.000 euros. Adicados a semaforización, máis de 118.000; na construción de pasos de peóns elevados 42.829,60 e 15.000 para complementar a señalización de velocidade que falta nos pasos de peóns elevados e finalizar a reorganización de tráfico en certas zonas de Noia.
Máis de 300 multas durante o verán
Coa entrada en vigor da reforma da lei de tráfico o pasado mes de maio, as cuantías das sancións por infraccións de tráfico incrementáronse notablemente. O importe mínimo que se recolle na nova lei é de 80 euros para unha infracción do tipo estacionar en zona reservada a outros usuarios como paradas de taxi,… ou levar a máis persoas das autorizadas nun vehículo. Pero as infraccións máis habituais, como estacionar en dobre fila (obstaculizando a circulación), estacionar sobre un paso de peóns, non respectar unha liña continua, estacionar nun vado autorizado, conducir utilizando o teléfono móbil ou cruzar en vermello un semáforo para peóns suporá para o infractor unha multa de 200 euros. A cuantía máis elevada que prevé a lei aplicaráselle a aquelas persoas que, sen permiso ou sen causa xustificada, instalen, retiren, trasladen, oculten ou modifiquen a sinalización existente na vía; estas son as típicas “gamberradas” de fin de semana de doblar ou arrincar señais de tráfico e según a nova lei a multa aplicable é de 3.000€ para a cal ademáis non é posible a reducción do 50% que se fai no resto das sancións mencionadas se se abonan antes de un mes. A policía local de Noia, durante os meses de Xullo e Agosto, emitíu 303 sancións de tráfico. No mes de Xullo foron 122 infractores sancionados, o que supón menos de 4 multas ao día, e no mes de Agosto as infraccións castigadas superan as 190, saíndo unha media de 6 sancións ao día. As rúas de maior actividade policial son, por orde:Malecón de San Lázaro: por non respectar o sinal de prohibido estacionar en xoves e domingos de 7 a 16h.Rosalía de Castro: Por estacionar en parada de taxis ou en zona reservada a vehículos oficiais. Escultor Ferreiro: por estacionar en carga e descarga, parada de taxis e zona de minusválidos.Malecón de Cadarso: Por estacionar en dobre fila, obstaculizando a circulación e por non respetar o sinal de obligación para a dereita. Rosana Mariño apuntou que "coa difusión destes datos preténdese dar a maior transparencia posible á xestión municipal. Son datos públicos e aos que a cidadanía ten dereito".
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario