Roberto Varela visitou o Museo de Valle-Inclán onde anunciou que a Xunta de Galicia quere “celebrar esta importante data intentando achegar este autor ao maior número de xente posible, promovendo a lectura da súa obra e conseguir que se descubra a enorme complexidade e riqueza dos seus escritos” A Pobra do Caramiñal, 11 de setembro de 2010.- O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela visitou onte o Museo de Valle-Inclán, onde asegurou que a Xunta de Galicia colaborará co Museo na conmemoración do 75 aniversario do pasamento de Valle-Inclán. Varela anunciou que a Consellería de Cultura e Turismo quere “celebrar esta importante data intentando achegar a Valle-Inclán ao maior número de xente posible, promovendo a lectura da súa obra e conseguir que se descubra a enorme complexidade e riqueza dos escritos deste gran representante das letras españolas”. Durante a súa visita o conselleiro estivo acompañado asemade, polo alcalde da Pobra do Caramiñal, Isaac Maceiras; a concelleira de Cultura e Turismo, Encarna González; o director do museo; Antonio González; e o representante da familia, Joaquín del Valle-Inclán. Roberto Varela asegurou que o ano que ven a Xunta de Galicia organizará e participará en diversos actos que "celebrarán a vixencia e actualidade de Valle-Inclán, do mesmo xeito que se fará con Álvaro Cunqueiro, (en 2011 cúmprese o centenario do seu nacemento), ou con Alfonso Rodríguez Castelao, (tamén en 2011 cúmprense os 125 anos do seu nacemento), e ao igual que se fixo con Rosalía de Castro este ano no que vivimos o 125 aniversario da morte da nosa meirande poeta".
Antonio González, director do Museo Valle-Inclán, co conselleiro de Cultura, Roberto Varela Na liña de promoción da literatura galega, o conselleiro recordou que en 2010 estamos a celebrar o Ano do Libro e da Lectura, “unha iniciativa na que se traballa arreo para fomentar o hábito lector, especialmente entre os máis novos”. “Este labor en prol da lectura ten que continuar e prolongarse no tempo cando remate este 2010, e un dos mellores xeitos de facelo é promovendo o coñecemento e a lectura dos máis importantes escritores de Galicia, porque lendo a súa obra é a mellor homenaxe que podemos facerlles”, engadiu Varela. O titular de Cultura e Turismo informou que para conmemorar estas efemérides a Xunta de Galicia xa se puxo en contacto Goberno Central, “posto que esperamos contar co apoio da Sociedad Estatal de Conmemoraciones Culturales, dependente do Ministerio de Cultura, para os actos que se vaian organizar, e por suposto, no caso de Valle-Inclán colaborarase directamente co Museo da Pobra”, que en 2011 cumprirase o 25 aniversario da súa inauguración.
Despois de visitar as instalacións do Museo Valle-Inclán e reunirse cos responsables da institución, Roberto Varela mostrouse satisfeito por poder coñecer de primeira man as necesidades do Museo, e agradeceu a Joaquín del Valle-Inclán Alsina “a súa amabilidade e o seu incansable labor por conservar e difundir o enorme legado literario do seu avó, un dos escritores máis grandes dos últimos 150 anos non só de Galicia ou España, senón da literatura universal”. Así mesmo, Varela expresou a súa gratitude ao alcalde, Isaac Maceiras, e ao Concello de A Pobra “polo seu interese por mellorar as instalacións nas que se conserva boa parte da memoria de Valle-Inclán e por axudarnos no noso labor de difusión da cultura de Galicia”. Roberto Varela recordou o apoio da Consellería de Cultura e Turismo ao Museo de Valle-Iclán, a través do convenio asinado co Concello de A Pobra o pasado mes de xuño por valor de 12.000 euros para a instalación de climatización e equipamento do auditorio do Museo. Asemade, afirmou que “na medida das posibilidades que os axustes orzamentarios nos permitan continuaremos axudando a esta institución nas súas necesidades, tal e como a Xunta de Galicia leva facendo en distintas ocasións dende a súa creación en 1986”.
Segundo o conselleiro, o Museo “achéganos á figura de Valle-Inclán como ser humano de personalidade arrolladora e sumamente atraínte, así como ao seu excepcional legado literario, a cabalo entre o modernismo e a xeración do 98 e cunha orixinalidade que superar calquera tipo de clasificación e fronteira”. “O Museo non só enriquece a oferta cultural de A Pobra e do Barbanza, senón que fortalece a súa posición e o seu crecemento como destino turístico cultural e de calidade”, engadiu Varela. Nesta liña de apoio difusión da obra de Valle-Inclán, o conselleiro tamén resaltou o importante convenio que recentemente asinou Cultura e Turismo coa Mancomunidade de Municipios de Arousa Norte para “desenvolver uns Roteiros Literarios na bisbarra que complementen a rica oferta turística que xa ten esta fermosa zona de Galicia”. Asemade, Roberto Varela afirmou que apoiar ao Museo tamén supón apoiar ao histórico monumento que alberga a colección, a Torre de Bermúdez, “un BIC cuxa construción data do século XVI e que supón un exemplo moi visible da riqueza patrimonial deste Concello e embelece o centro urbano de A Pobra coa súa maxestuosidade”, engadiu.

Apoio á difusión da obra de Valle-Inclán

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario