Ribeira, 24 de setembro de 2010. Segundo informa a web dos socialistas ribeirenses, que comezou a funcionar estes días, o concelleiro Manuel Ageitos presentou unha moción para que o Concello proceda a sanear o río Listres.
Argumentan os socialistas que a rede de saneamento e sumidoiros "está feita hai vinte anos" e a que procede de Filgueira-Carreira emborca diretamente no río Listres, sen que estea a día de hoxe conetado á rede de saneamento municipal pola estrada xeral Carreira-Aguiño. Entre as consecuencias deste desleixo, os socialistas destacan os cheiros na zona da Pontella "cada tarde, que son nauseabundos" e mesmo temen pola saúde dos veciños afectados.Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario