Ribeira, 10 de setembro de 2010.– O próximo martes día 14 de setembro dará comezo unha nova edición do Obradoiro de Risoterapia dirixido a mulleres, que en edicións pasadas púxose en marcha dende a Concellería de Igualdade, Acción Social, Maiores e Dependencia de Ribeira a través do Centro de Información á Muller.
Desenvolverase os martes e venres de 10 a 12 horas da mañá no Conservatorio Municipal. Rematará o 22 de outubro. Aínda queda algunha praza libre, así que as mulleres interesadas en asistir deberán chamar ao CIM para inscribirse (Rúa Correos nº 5, tfs. 981 874 131 e 873 409, fax. 981 873 955)
Os obxectivos específicos desta iniciativa son:
- Ofrecer coñecementos teóricos e prácticos sobre os beneficios do humor e o riso, a nivel fisiolóxico, psicolóxico e social.
- Experimentar diferentes técnicas que desencadeen o desbloqueo corpo-mente.
- Axudar a descubrir os puntos débiles e fortes do propio sentido do humor.
- Contactar coa alegría, a capacidade de diversión e o bo humor.
- Ofrecer un espazo de autocoñecemento, abrirse aos demais e a un mesmo
- Aprender técnicas que poidan ser usadas individualmente unha vez finalizado o taller.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario