Premiados en 2009 por Barbantia. Xesús Santos, como director do grupo de Teatro Airiños, Xosé Luis Axeitos e Xosé Ramón EspañaBarbanza, 5 de outubro de 2010. Falar de Barbantia é nomear cultura en Barbanza e máis aló. Cunha web que cada vez se actualiza menos -apenas poñen as actividades, cada vez máis espazadas entre si nos últimos tempos-, agora Barbantia ábrese á rede social máis grande do mundo, Facebook. Podes engadir á Asociación Cultural Barbantia como amiga aquí. A apertura do perfil en Facebook que fixeron hoxe mesmo xa conta cunha iniciativa: amosar os candidatos para os premios que conceden anualmente. E son os que seguen:Premio Barbantia á Iniciativa Cultural no Barbanza: 1.- Casa da Gramática
2.- Liceo de Noia
3.- Coordinadora dos Equipos de Normalización Lingüística no Barbanza Premio Barbantia á Traxectoria Cultural no Barbanza:1Paola García Paz
2Xoán Mariño
3Manuel MariñoPremio da Cultura Galega 2010:
1.- Andrés Torres Queiruga
2.- Xosé R. Barreiro Fernández
3.- Soledad Penalta
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario