Noia, 5 de outubro de 2010. A primeira edición da Pasarela de Moda do Centro Comercial Aberto "Noia Histórica" terá lugar este venres 8 de outubro no pavillón de Rosalía de Castro, entre as oito e media e as dez da noit. Xunto a modelos profesionais de recoñecido prestixio desfilarán os mozos, mozas, nenos e nenas seleccionados no cásting realizado. Lucirán as prendas da vindeira tempada que se amosan nas tendas asociadas. Como colofón haberá unha exhibición de baile. A entrada ao desfile é de balde.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario