Dodro, 5 de outubro de 2010. A Concellaría de Cultura do Concello de Dodro continúa apoiando a poesía en lingua galega e anuncia a convocatoria da XXIII Edición do Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón. Anima a todas as persoas interesadas a presentaren os seus traballos antes do 13 de novembro de 2010.
clásico dentro dos certames literarios galegos e, máis alá do recoñecemento dun xurado e
un modesto incentivo económico, ofrece a certeza da publicación da obra premiada
nunha colección especializada que leva o nome do poeta dodrense na prestixiosa
editorial Sotelo Blanco, o cal adoita ser o auténtico aliciente dos participantes.As concursantes optarán coma nas ocasións anteriores mediante unha obra
orixinal inédita en calquera medio e soporte a un único premio concedido por un
xurado de autores e críticos literarios e, polo demais, con suxeción ás bases publicadas
que se poden consultar no web municipal así como nos dípticos editados polo Concello, un dos cales vai nesta información. A XXIII terceira edición está xa ás portas porque se resolverá a mediados de decembro
motivo polo que a tenente alcalde, a nacionalista Victoria Rei, anima "a todas e todos os
interesados en contribuír a reverdecer coa súa savia nova o recordo do noso benquerido
poeta sobre novas follas de poética galega".
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario