4.10.10

Noia: a rehabilitación da Pedrachán, galardonada co I premio "Manuel Gómez Román" de arquitectura


Imaxe de parte do xurado. No medio, Clodio González Pérez, escritor e etnógrafo noiés

Noia, 4 de outubro de 2010. A asociación Setestrelo, que organiza e convoca este ano por primeira vez os premios de arquitectura "Manuel Gómez Román" premiou ao Estudio de Salgado e Liñares polo proxecto e dirección da obra "Reintegración urbana do patrimonio cultural da ribeira do Traba-Noia. Acondicionamento, recuperación de accesos, lavadoiro e entorno dos Muíños de Pedrachán. O fallo do xurado, composto por por  D. FRANCISCO NÓVOA RODRÍGUEZ,  presidente da Asociación Setestrelo; D. MANUEL CAAMAÑO SUÁREZ, aparellador; D. EMILIO FONSECA MORETÓN, arquitecto; D. IAGO SEARA MORALES,  arquitecto; D. FRANCISCO XABIER OVIEDO, alcalde de Maceda; D. CLODIO GONZÁLEZ PÉREZ, etnógrafo de Noia, todos eles na súa condición de vogais e D. XOSÉ GONZÁLEZ MARTÍNEZ, membro da asociación que actuou como secretario do xurado, foi unánime. O premio foi concedido na modalidade de Construccións Adxectivas rehabilitadas.

Imaxes da zona restaurada que se premiou:

</object>

Segundo o xurado, a rehabilitación premiada e a obra executada "teñen como ámbito un espazo degradado por intervencións desestruturadoras varias ao longo dos últimos anos. Os autores profundizan na esencia do lugar que unha vez definida e formulada é recollida como idea artelladora do proxecto e dirección de obra, con resultado de clara e rigorosa restauración-rehabilitación dun lugar de fonda tradición galega". Non quere deixar pasar o xurado "a oportunidade de louvar a calidade técnica e profesional dos traballos presentados a concurso, facendo constar o bo facer e o compromiso de interacionar todos os proxectos coa cultura arquitectónica do territorio".
   
Segundo comenta o alcalde de Noia, Rafael García Guerrero, no seu blog, "estes técnicos -Estudio de Salgado e Liñares- xa realizaron varias intervencións en Noia, como a rehabilitación do edificio Domingo Fontán na rúa Curro, e son os autores do proxecto de interveción denominado "Fábricas da Chaynça" na Chaínza, e que comezará este mesmo mes de outubro. Para o concello este premio ten moita importancia porque supón un apoio a unha aposta arriscada por unha nova arquitectura, moitas veces cuestionada pola maioría".

Memoria do proxecto premiado:

null                                                             </object>   

Non sabe quen foi Manuel Gómez Román, o arquitecto vigués que lle da nome a este premio? Mire entón a Galipedia.
Web de Setestrelo: http://www.setestrelo.es

Relacionado:

Proxecto Fábricas da Cheynça, 380.000 euros

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical