4.10.10

Cultura: a noiesa Toxosoutos, entre as editoriais participantes na Feira do Libro de Frankfurt do 6 ao 10 de outubro

A Xunta de Galicia e a Asociación Galega de Editores promoven a presenza dun total de 20 editoriais galegas na Feira Internacional do Libro de Frankfurt, entre as que está a noiesa Toxosoutos. Estarán na feira do libro máis importante de Europa entre o 6 e o 10 de outubro


Noia, 4 de outubro de 2010.- Un stand de más de 60 metros cadrados compartido pola Xunta de Galicia e a Asociación Galega de Editores permitirá presentar na Feira Internacional do Libro de Frankfurt 2010, entre o 6 e o 10 de outubro, as novidades dun total de 20 editorais galegas. Toxosoutos, a editorial noiesa con sede en Obre, é unha das escollidas. Cunha orientación profesional de primeiro nivel, a Feira de Frankfurt está considerada como o evento editorial europeo máis importante do sector.

Os temas de actualidade no mundo editorial cobran importancia nos talleres, conferencias e seminarios. Cuestións como cales son os modelos de negocio futuros na edición ou como fará diñeiro esta industria na xeira dixital son algúns dos temas a debate que marcarán o devir da industria e nos que Galicia estará presente. Anualmente asisten á Feira de Frankfurt más de 250.000 persoas, dos que uns 150.000 son membros da industria editorial e, preto de12.000, xornalistas de máis de 90 países.

O ámbito editorial galego estará representado, ademais de pola citada Toxosoutos,polas editoriais galegas El Patito Editorial, Editorial Netbiblo, Edicións Tambre, Edicións Xerais de Galicia, Rodeira, Ir Indo Edicións, Kalandraka Editora, Ediciones Linteo, Hércules de Ediciones, Edicións Embora, Andavira Editora, Baía Edicións, Nova Galicia Edicións, Ideaspropias Editorial, Rinoceronte Editora, Editorial Galaxia, OQO Editora, Editorial Everest e Edicións Nigra Trea. A representación institucional da Xunta de Galicia correrá a cargo do director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López, que o día 7 visitará o Centro Galego de Frankfurt.

Relacionadas:

 Pablo Portero rompe su contrato con Toxosoutos para publicar Story. Más
 Fernando Fernández Rego publicou "50 anos de pop, rock e malditismo na música galega" en Toxosoutos. Máis

Jorge Emilio Bóveda publicou en Toxosoutos "A vila das ánimas"

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical