3.10.10

Boiro: os Cafés Científicos voltan á comarca os venres 15 e 29 de outubro e o venres 12 de novembro


Vídeo do realizado no bar Plaza, en Ribeira, en 2007

Boiro, 3 de outubro de 2010. O Grupo NEUROcom organiza os Cafés-teatro-científicos, unha actividade de divulgación co obxectivo de acercar o coñecemento científico en xeral á sociedade. Nesta edición introducen novidades diversificando os temas a tratar. Ademais dos dous neurocientíficos do grupo organizador, contan cunha matemática, un ecólogo, un físico e un biólogo evolutivo. Realizarase a través de charlas-discusión, nas que poderán participar todos os asistentes en xeral. O lugar de celebración será nunha cafetería/bar, en distintas vilas, os venres á tarde.Os venres 15 e 29 de outubro e o 12 de novembro o escenario será o bar Pousada das Ánimas de Boiro.

Esta actividade está financiada pola Fundación Española para Ciencia e Tecnoloxía do Ministerio de Ciencia e Innovación e a Consellería de Economía e Industria, da Xunta de Galicia e organizada en colaboración coa Universidade da Coruña.

Os encargados de levala a cabo son Xurxo Mariño e Casto Rivadulla, investigadores pertencentes a NEUROcom, ademais dos científicos colaboradores: Elena Vázquez, Luís Sampedro, Eduardo Sánchez e Alberto Velando, acompañados dos actores:Vicente de Souza e César Goldi.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical