28.10.10

Política: o Psoe denuncia a "falsa austeridade de Feijóo" coa retirada de seis millóns de euros do fondo incondicional dos concellos e

Lage Tuñas denuncia o recorte de seis millóns de euros no Fondo Incondicional para os concellos nos orzamentos Acusa ao Goberno de Feijóo de falsa austeridade, ao incrementar en 2 millóns de euros (un 8,59% máis que o ano pasado) o gasto corrente do conxunto da administración xeral da Xunta de Galicia mentres reducen as partidas en sanidade, educación, dependencia ou investigación e desenvolvemento

Barbanza-Noia, 28 de outubro de 2010. O Viceportavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, José Manuel Lage Tuñas interveu hoxe na Comisión 3ª do Parlamento, trala comparecencia do Conselleiro de Presidencia na que explicou as partidas orzamentarias da súa área. Alí o deputado do PSdeG denunciou que “con estes orzamentos hoxe caeulle a careta e o eslogan da falsa austeridade ao Goberno de Feijóo, ao incrementar en 2 millóns de euros (nun 8,59% mais que o ano pasado) o gasto corrente do conxunto da administración xeral da Xunta de Galicia mentres reducen as partidas en sanidade, educación, dependencia ou investigación e desenvolvemento”.

Lage Tuñas sinalou que Alfonso Rueda aproveitou esta comparecencia “para lanzar soflamas contra o Goberno de España, co fin de evitar asumir as súas responsabilidades, renunciando ao exercicio do autogoberno”.

“Deixen de buscar responsables externos e explíquenos como baixan os fondos adicados á sanidade, á educación, ao gasto social e nembargantes para o ano 2011 sube o gasto corrente do conxunto da administración xeral da Xunta de Galicia en 2 millóns de euros respecto do orzamento do ano 2010” espetou.

O portavoz socialista relata que 9 de cada 10 euros da Consellería da Presidencia adícanse ao gasto corrente. Mais polo miúdo indica que o gasto corrente aumenta un 8.59% entre 20010 e 2011 no referido o conxunto da administración xeral.

Lage Tuñas replicou que “nesta partida é onde debería haber reducción de gasto corrente, por iso é falsa a austeridade da que viñeron presumindo. Cáelles a careta porque os números cantan”.E advirte que o Partido Popular prefire facer recortes no profesorado, no persoal sanitario e na dependencia “prefiren meter a tixeira alí onde máis se necesita”.

Asevera que colgarse medallas sobre a supresión das Fundacións Comarcais “ é ter moita cara”, e cualificouno “coma unha neglixente xestión xa que durante 18 meses non procederon a disolucións dunhas Fundacións, que quedaron definidas nun proxecto impulsado polo anterior Goberno autonómico”.

Promesas incumpridas de racionalización dos chiringuitos administrativos


Lage Tuñas aludiu ás promesas incumpridas de racionalización da administración paralela e recordoulle a Alfonso Rueda que “levan 18 meses gobernando e foron incapaces de disolver as fundacións comarcais” . Neste punto atacou duramente ao conselleiro da Presidencia ao recordarlle que “cústalles disolvelas porque foron vostedes quen as crearon, vostedes son os responsables da súa existencia e son os responsables do fracaso do modelo de comarcalización de Galicia”.

“A ver se en vez de anunciala (disolución das fundacións), fan algo e gobernan, porque o goberno anterior xa lles deixou todo preparado para consumar a disolución e agora veñen vostedes a intentar colgarse medallas”, proclamou. Nese senso lembra que o PSdeG-PSOE fíxolle propostas parlamentarias para evitar duplicidades na administración paralela e facer unha reducción real da administración institucional “pero o Partido Popular votou en contra”, insistiu.

O deputado do PSdeG recordou que o seu grupo xa propuxera evitar duplicidades e volveu a propoñer “fusionar as catro Xestures nun único organismo, a fusión de Augas de Galicia e a Empresa de Obras e Servizos Hidráulicos ou concentrar nun Instituto Galego de Finanzas, os actuais IGAPE, BIC Galicia ou Xesgalicia”.

O viceportavoz socialista di que o Conselleiro “meteulle unha navallada ao gasto social, sen novos equipamentos sociais, reducindo 300 ciclos formativos, diminuíndo o persoal docente, reducindo as becas universitarias e presumindo que non van a pagar o gasto da dependencia”.  E prosegue “ e mentres non disolven fundacións e incrementan un 8.59 % o Capitulo II do orzamento, o que supón case 2 millóns mais do gasto corrente”, insistiu Lage.

Coas cifras na man o portavoz de Presidencia e Administración Autonómica do PSdeG-PSOE explica que as contas autonómicas esquecen novos equipamentos sociais ou inversións en comunicacións terrestres e portuarias. Denuncia que recortan gasto social, a inversión productiva, esquecen a aposta polo I+D e manteñen o gasto improductivo. “Por diante din unha cousa e por debaixo da mesa coa man fan outra”, advertiu.

Retiran 6 millóns do Fondo para os concellos

Lage Tuñas tamén fixo fincapé na ”reducción” dos fondos incondicionais para os concellos galego e explicou que “o Fondo de Cooperación para os Concellos “ten 6 millóns de euros menos que no ano anterior, pasando de 120 millóns a 114”.

O ano pasado destinaban 120 millóns de euros a fondos incondicionais para os concellos galegos, este ano só 114 millóns; os socialistas propoñemos que se corrixan os orzamentos e se incrementen os fondos destinados aos concellos galegos” explicou o deputado do PSdeG.

Neste punto reclamou a modificación dos orzamentos “para que os concellos non sufran esa merma”, e ademais “ que se fagan as liquidacións con caracter mensual”, como demanda a FEGAMP “xa que os concellos teñen que facer pagos con carácter mensual, como é no caso das nóminas dos empregados públicos”.

O deputado do PSdeG recordou que nos orzamentos para o ano 2011 existe un total de 356 millóns de euros, dos cales 114 son incondicionais para os concellos e 242 millóns son condicionadas, é decir transfírense a través a través de subvencións ou convenios.

Lage Tuñas propuxo que “se modifique o orzamento para incrementar os fondos incondicionais do Fondo de Cooperación cos concellos e mellorar así as aportacións fixas aos concellos galegos” e nese punto pide que “se transformen en incondicionais parte dos 242 millóns de euros destinados a corporacións locais pero que son fondos condicionados. Solicita tamén que se destine unha parte importante ao Fondo de Cooperación cos concellos e pasen a ser fondos incondicionais, o que melloraría as finanzas das administracións locais.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical