Boiro, 5 de novembro de 2010. Hoxe entregáronse os premios do Concurso de Tapas con Mexillón de Boiro, celebrado o pasado fin de semana entre bares e restaurantes da localidade. Ao acto asistiu o alcalde, Xosé Deira, e a Concelleira de Turismo, Francisca Suárez Lijó.
Premios dos establecementos
Mellor tapa: Mexillón en escabeche de Os Dous de Sempre. 500 euros
Finalista na categoría de mellor tapa: mexillón mariachi da Cafetería Castelao.
Mellor tapa tradicional: Empanada de mexillón do Restaurante Arume. 250 euros
Mellor tapa creativa: Lasaña de mazá con aguacate e mexillón, de Os Dous de Sempre. 250 euros
Mellor tapa premio do público: Brocheta de mexillón en tempura de améndoa sobre crema de marisco, do Bar Plaza. 250 euros
Ademais tódolos establecementos gañadores viaxarán nunha visita organizada á zona vinícola do Ribeiro e visitarán as bodegas de Viña Costeira. Tódolos establecementos participantes poderán asistir a un curso de cata de viños, dirixido por un enólogo de Viña Costeira.
Premios dos votantes
Os premios dos votantes foron acadados por:
Botella Magnum Viña Costeira (1.5l.) para María Elisa Campaña Carou, de Taragoña; Alberto Carlos Canle López, de Boiro; e Nati Díaz Oliveira, de Boiro.
A visita organizada para dúas persoas á zona vinícola do Ribeiro que inclúe visita as bodegas de Viña Costeira. foi para Jorge Fernández Lojo, de Santiago de Compostela.Os agraciados poden pasar pola Oficina de Turismo de Boiro a recoller os seus agasallos.
Xurado
O xurado estivo formado por Francisca Suárez Lijó, concelleira de Turismo; José Manuel García, do programa “Come e fala” da Radio Galega; Cristian Bolla, de Restaurante Chicolino; Antonio Botana, presidente do Grupo Nove e Jorge Guitián, organizador do concurso e con funcións de Secretario.
A acta levantada polo secretario estará a disposición do público durante un mes na Oficina de Turismo, sita en Praza de Galicia, s/n
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario