A Pobra do Caramiñal, 6 de novembro de 2010. As Xuventudes Socialistas da Pobra emitiron unha nota de prensa na que instan a que se solucionen os malos cheiros e o "desastre ambiental" da vila en xeral, que, no seu parecer, se debe ao mal funcionamento da estación depuradora de augas residuais. O responsable destas declaracións é Manuel Gude, voceiro de Xuventudes Socialistas na área de Medio Ambiente, e estudante de último curso de Enxeñería Industrial.
"Queremos mostrar a preocupación que os veciños nos transmiten por mor do desastre medioambiental da vila, así como da nula conciencia ecolóxica mostrada polo goberno municipal o longo de 12 anos de goberno. Queremos aportar a nosa visión e os nosos coñecementos para afrontar dun xeito decidido un mal endémico que vén padecendo dende fai moitos anos o noso concello.
Fixemos un estudio dos planos da edar que están publicados na páxina web de Augas de Galicia. Polo que apreciamos o funcionamento da edar da Pobra non é o correcto nin moito menos. Os cheiros que desprende son un claro sinal do mal funcionamento de esta. Aínda que está pensada para uns 30.000 habitantes está mal confeccionada según a documentación publicada.
Temos un tema de fondo: esta edar está deseñada para eliminar a auga residual dos veciños, non das industrias sen pre-depuración. Parecerá que isto é unha nimiedade pero a realidade é que as verteduras e desfeitos que verten as empresas non son nin o mesmo nin na mesma cantidade. Por exemplo, unha empresa non paga a luz co mesmo prezo que nós os veciños, ou tampouco é o mesmo prezo para o abastecemento de auga: entón por que teñen que verter sen un tratamento previo?
Por outra banda, hai que sinalar que está mal concibida, xa que neses planos que atopamos na páxina web de Augas de Galicia, un dos tratamentos máis importantes non está presente. Trátase da decantación primaria que é onde a auga unha vez pasada a etapa de desareado-desengraxado debería estar en repouso un día polo menos, para que todos os elementos solubles que levan as augas fecais quedaran no fondo e as graxas que poidan quedar nesta, quedaran na superficie. Cal é o problema de que non haxa este tratamento? Pois é moi sinxelo,: ao meter a auga tal e como vén da etapa de desareado-desengraxado, no reactor biolóxico, fai que as bacterias aerobias e anaerobias morran e non fagan o seu traballo. Isto é unha das causas dos malos cheiros e de que a auga non estea de todo depurada cando sae da Edar. Cabe subliñar un dato gracioso: que na Pobra temos decantador secundario, que como di o propio nome deste, tería que haber antes un primario, ou non? Pois nada máis lonxe da realidade.
Esixencia de decantamento primario
Dende Xuventudes Socialistas da Pobra, solicitamos que se lle esixa as empresas radicadas na Pobra unha pre-depuración das augas e tamén unha instalación do decantamento primario xa que o medio ambiente non entende de aforrar. Por outra parte, tamén solicitamos, xa que temos un silo de fangos, estes son riquísimos en termos de enerxía, e producen moito biogás, e este pódese utilizar para queimar e producir electricidade. Entendemos que si se sacaran unha cantidade importante de fangos, poderiamos producir electricidade para todos os nosos cidadáns. As cousas ben feitas nin cheiran nin son unha ruína económica. Preocúpanos o benestar das empresas porque son xeradoras de emprego e riqueza pero é necesario facer compatible o desenvolvemento económico co respecto ó medio ambiente e co cumprimento da lexislación ambiental. Isto é o obxectivo".
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario