18.11.10

Música: alumnos de Ribeira, Noia e Santiago participan o luns 22 en Compostela nun concerto na honra de Santa Icía


Conservatorio Histórico de Santiago, na praza de Salvador Parga

Ribeira, 18 de novembro de 2010. Co fin de conmemorar a festividade de Santa Icía, patroa dos músicos, catro alumnos do Conservatorio Profesional de Música de Ribeira van participar este luns 22 de novembro no Encontro Intercentros que terá lugar no Conservatorio Histórico de Santiago de Compostela.

Este evento vai concentrar nun concerto a alumnos do Conservatorio Histórico de Santiago, do Conservatorio Profesional "Felipe Paz Carbajal" de Noia e do Conservatorio Profesional de Música de Ribeira. A hora do Encontro será ás 19.30 horas no salón de actos e terá como representantes do conservatorio ribeirense  aos seguintes alumnos:

  • Adriana Parada García, de 3º Grao Profesional de Piano (Nocturno en do menor, de F. Chopin),
  • Lorena Abeijón Castro, de 3º de Grao Profesional de Clarinete (Mozartiana, de W. A. Mozart)
  • Elsa Muñiz Hermo, de 6º de Grao Profesional de Piano (Córdoba, de Ernesto Lecuona).
  • Martín Castro Tubío, de 1º Grao Profesional de Saxofón (interpretará Sarabande et Allegro, de Gabriel Grovlev),
Irán acompañados do profesor Luis Ignacio Blanco Picos.

Para preparar esta importante cita, mañá venres ás 17.00 horas no Salón de Actos do Conservatorio Profesional de Ribeira, os alumnos participantes ofrecerán unha pequena audición co repertorio que interpretarán en Santiago. O acceso é libre para os interesados.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical