O novo polígono resultante sería o de maior superficie de BarbanzaBarbanza, 18 de novembro de 2010. A deputada do BNG Ana Pontón defenderá mañá, na Comisión de Industria que se celebrará no Parlamento galego, unha Proposición non de lei para instar á Xunta a retomar de maneira inmediata a tramitación do solo empresarial previsto no comarca da Barbanza nos concellos de A Pobra do Caramiñal e Ribeira, axilizando a tramitación administrativa e garantindo unha dotación orzamentaria que posibilite que o polígono poida estar operativo no ano 2012. Pontón asegura que os pasos dados para a execución destes proxecto "contou co apoio de toda a comarca, por entenderen que esta actuación ía solucionar os problemas do solo empresarial e incentivaría o asentamento de novas empresas ou o dimensionamento das existentes". A deputada do BNG apunta que, dende a chegada do Partido Popular á Xunta de Galicia "foron paralizados os traballos e trámites para a dotación deste solo produtivo, de aí que o BNG pida unha rectificación e se poidan axilizar os trámites para continuaren con este proxecto". Segundo a Xunta de Galicia actual, o problema do atraso deste polígono é que non había seguridade xurídica e hai que modificar unha normativa, como publicamos aquí
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario