15.11.10

Ribeira: o sector pesqueiro local falou con representantes do Psoe sobre a eliminación do seguro colectivo de accidentes no mar


Ribeira, 15 de novembro de 2010. O pasado sábado, 13 de novembro, reuníronse representantes do sector pesqueiro e marisqueiro do Concello de Ribeira e da comarca barbanzana con políticos socialistas (a voceira de Pesca do Psoe no Parlamento, Marisol Soneira; Moncho Pouso, secretario de Pesca da agrupación local de Ribeira; Francisco Mareque, voceiro municipal socialista en Ribeira e Manuel Vilas, secretario xeral dos socialistas ribeirenses). O asunto principal a abordar eran as posicións que os socialistas teñen fronte a anulación das pólizas de seguro de accidentes e mal tempo que está a levar a cabo a Xunta de Galicia.

Segundo o Psoe, esas medidas "afectan a todos os mariñeiros, mariscadores e bateeiros de Galicia". Este grupo político pronunciose en contra desta supresión e pormenorizou como inciden nestes colectivos a falta deste seguro colectivo, que na práctica significa que se elimina a indemnización por falecemento que pagaba directamente a Xunta de Galicia, así como as becas ás que tiñan dereito os fillos dos mariñeiros. Tamén, sempre segundo o Psoe, que se eliminen estas coberturas quere dicir que xa non hai cobertura para repatriar a un mariñeiro morto en calquera país do mundo, ou dun estranxeiro enrolado en navíos galegos.

Na reunión estiveron patróns maiores das confrarías de Palmeira, Ribeira e Carreira-Aguiño, así como o de Rianxo, o presidente dos mariscadores, asociacións de palangre, arrastre e outras artes.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical