Arousa Norte participou en Intur por primeira vez o ano pasadoBarbanza, 23 de novembro de 2010. A Mancomunidade Arousa Norte, ente que representa aos concellos de Boiro, Rianxo, Ribeira e A Pobra do Caramiñal en materia turística, participará dende o xoves 25 de novembro ata o domingo 28 na feira Intur 2010, que se celebra en Valladolid nesas datas. Arousa Norte estará inserida no expositor xeral de TurGalicia.
Trátase xa da XIV Feira Internacional do Turismo de Interior, INTUR, e Arousa Norte participa por segundo ano consecutivo. Arousa Norte asistirá como co-expositor no stand de Turgalicia e terá presenza en INTUR RURAL, onde se promocionarán os Bonos de Turismo Rural de Arousa Norte. A feira comeza o xoves 25 de novembro e remata o domingo 28. Ata Valladolid desplazaranse Irene Maneiro e Mónica Garrido, para dar a coñecer os recursos naturais e patrimoniais da comarca pero facendo especial fincapé nos produtos turísticos da Mancomunidade Arousa Norte: Bonos Rurais, Bonos Gastronómicos, Ruta do Mexillón, Estancias Literarias e Turismo Accesible para persoas con discapacidade visual.
A representación política correrá a cargo dos catro alcaldes de Arousa Norte: Isaac Maceiras, da Pobra e presidente de turno da Mancomunidade, Xosé Deira Triñanes (Boiro), José Luis Torres Colomer (Ribeira) e Pedro Piñeiro (Rianxo), os cales estarán presentes na feira durante a fin de semana.
INTUR
Museo Etnográfico de Artes (Ribeira)
A XIV Feira Internacional do Turismo de Interior ten sede na cidade de Valladolid e tivo na edición anterior 43.000 visitantes, 1.200 expositores e 30.000 metros cadrados de área de exposición. Os días de apertura da feira son de xoves a domingo, en horario de 10:30 a 20.00.
No stand expositor ofrecerase información dos recursos da comarca a través dos diferentes folletos publicados por esta entidade: mapas e rueiros dos catro concellos, Guía de Recursos de Arousa Norte, Guía de Museos, Arqueoloxía en Arousa Norte e Audioguías de Arousa Norte. Tamén se darán a coñecer os produtos turísticos da comarca, como son os Bonos de Turismo Rural, os Bonos Gastronómicos, a Ruta do Mexillón e Estancias Literarias en Arousa Norte. Pavillón 2 / Stand 203.
INTUR RURAL
Arousa Norte tamén terá presenza na terceira edición de INTUR Rural, evento que se organiza dentro da programación da feira.
INTUR Rural está adicada especialmente ás empresas do sector de turismo rural que se celebrará o sábado 27 e o domingo 28 de novembro de 10.30 h a 20.00 h para así profundizar o tratamento deste sector a través da modalidade “mesas”.
Nesta ocasión será a casa Aldea Os Muíños (Rianxo) a representante do grupo de aloxamentos de turismo rural e a través da cal se fará promoción dos Bonos de Turismo Rural de Arousa Norte, ademais da oferta complementaria do destino.
O persoal da Mancomunidade será o encargado de atender esta mesa e deste xeito atender dun modo máis cercano e personalizado a aqueles visitantes interesados en planificar a súa estancia na comarca do Barbanza.
Coa presenza da Mancomunidade Arousa Norte en INTUR preténdese promover a imaxe de destino entre futuros visitantes, especialmente en tempada baixa. Os alcaldes e as traballadoras da Mancomunidade estarán nesta feira especializada durante estes día para atraer a visitantes e ofrecendo información sobre o destino.
Para máis información:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario