Unha das actividades é plantar 900 vexetais nos xardíns da alameda
Noia, 23 de novembro de 2010. Dende a Concellería de Muller e Servizos Sociais e co gallo do Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, vanse realizar unha serie de actividades dirixidas a tódolos públicos.
Días 24 e 25 de Novembro:
Obradoiro de xardinería “Plántate contra a Violencia de xénero”
Lugar: Nos xardíns da Alameda de Noia.
Mércores en horario de 11 a 14h e de 16 a 19h.
Xoves en horario de 10 a 14h (se non se remataron as plantas o día anterior)
Obxetivo: conseguir a participación de 450 persoas (homes, mulleres, rapazas e rapaces) para plantar 900 plantas nos xardins da alameda. Cada participante poderá poñer o seu nome deixando constancia da súa colaboración na campaña “Plántate contra a violencia de xénero”. Noiesas e noieses poderán participar e amosar a súa repulsa contra a violencia machista. Este obradoiro vai dirixido especialmente as nenas e nenos, para que dende pequeniños se amosen sensibles a esta lacra social que se pretende erradicar.
Día 25 de Novembro: Día Internacional contra a Violencia Machista
Na alameda de Noia ás 12.30h
- Posta en marcha dunha iniciativa das Concellerías de Muller, Educación e Xuventude chamada “ Xeración 2020 “
- Lectura do MANIFESTO contra a violencia de xénero.
- Solta de globos.
Actos no Coliseo Noela ás 17h.
- Presentación e asinamento do Itinerario de actuación en violencia de Xénero do Concello de Noia no que participaron,a través dunha mesa de traballo, persoal de distintos departamentos da Vila de Noia como: Xuíz, Garda Civil, Xefe da policia Local, Cim (centro de información a muller), Servizos Sociais e Centro de saúde.
- Visualización dos Spots publicitarios adicados ao día 25 de Novembro e realizados polo alumnado de 4º de Eso dos institutos de Noia Virxe do Mar e Campo San Alberto.
- Danza reivindicativa contra a violencia de xénero.
Proxecto “Xeración 2020 ”
QUÉ É ?
Xeración 2020 é un programa de intervención socioeducativa a nivel local orientado á difusión de valores de igualdade entre os mozos como ferramenta básica para a prevención, tratamento e erradicación da violencia de xénero.
OBXETIVO XERAL
Alcanzar, co ano 2020 como horizonte, unha sociedade equitativa en materia de igualdad e na que a violencia de xénero sexa unha lacra do pasado.
OBXETIVOS ESPECÍFICOS
- Impulsar a educación en materia de igualdade en edades temperás como base para a prevención da violencia de xénero, educando e sensibilizando acerca da gravidade deste fenómeno e dando pautas para identificar as distintas formas que adopta esta violencia, tanto no ámbito público e laboral como no familiar ou privado.
- Concienciar á comunidade educativa (pais, nais, profesionais deste ámbito, asociacións, entidades e organizaciós) da súa responsabilidade directa no que respecta ao comportamento futuro en materia de xénero dos que serán os xóvenes do ano 2020, facendo fincapé no concepto de prevención.
- Complementar a formación específica da comunidade educativa no referente á detección precoz de actitudes ou situacións que promovan valores sexistas ou discriminatorios, proporcionándolles ferramentas educativas para reconducir eficazmente ditas actitudes.
- Promover a difusión de información, recursos e materiais didácticos específicos en materia de igualdade e prevención da violencia de xénero.
- Asesorar e involucrar a aqueles centros que queiran participar nesta campaña.
- Implementar actividades didácticas complementarias ás xa establecidas no curriculum escolar e promover intervencions socioeducativas no Concello que sirvan de vehículo de difusión destes valores de equidade e que xeneren un espacio de reflexión e debate acerca dos roles de xénero, da violencia como mecanismo de control e de todos aqueles aspectos que dun modo u outro concirnan a este particular.
- Promover na xuventude, nos responsables da sua educación e na sociedade en xenral a adopción de posturas de rexeito e denuncia activa fronte a desigualdade e a violencia cara a muller.
- Formar aos xóvenes para a prevención de conflictos e a resolución efectiva dos mesmos.
- Converter Xeración 2020 nun selo identificativo de todas aquellas actividades e iniciativas educativas promovidas polo Concello dentro do marco da prevención e tratamento da violencia machista.
- Promover Xeración 2020 como un reto e obxetivo común claro no que todos os membros da comunidade se sintan implicados e comprometidos con esta iniciativa social de transformación para a que é necesaria a participación de todos/as, propiciando a súa difusión a través dos medios de comunicación.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario