Boiro, 21 de decembro de 2010. Onte saíu no BOE a concesión do distintivo "Ciudad de la Ciencia e Innovación" que se outorga por vez primeira a trinta cidades españolas. Entre elas, e como única en Galicia, está Boiro. Con este premio, instaurado este ano, preténdese recoñecer a estas cidades e vilas "o importante esforzo e compromiso desempeñado na I+D+I e a súa contribución na esfera local ao cambio de modelo produtivo", segundo aclarou o Ministerio de Ciencia e Innovación, entidade que organiza estes premios.
O galardón divide aos municipios por categorías, respondendo á súa poboación. Menos de 20.000, como é o caso de Boiro, de 20.001 a 100.000 e máis de 100.000. En cada categoría resultan escollidos 10 premiados.Mais non é un galardón que se da e se esquece: ten un periodo de vixencia de tres anos e renóvase ou non segundo se comporte o municipio galardonado. Entre os beneficios de ser escollido para este distintivo está o integrar a Rede de Cidades para a Ciencia e a Innovación, chamada INNPULSO, que aporta medios para reforzar e fomentar a ciencia e a innovación no ámbito local e municipal. A avaliación dos candidatos para este premio fíxose coa colaboración do Ministerio de Política Territorial.
Listado de ganadoras
Comunidade Autónoma | Provincia | Localidade |
---|---|---|
Canarias | Santa Cruz de Tenerife | Buenavista del Norte |
Castilla- La Mancha | Ciudad Real | La Solana |
Castilla y León | Salamanca | Béjar |
Castilla y León | Salamanca | Palaciosrubios |
Cataluña | Barcelona | Vilanova del Camí |
Galicia | A Coruña | Boiro |
Madrid | Madrid | Colmenarejo |
País Vasco | Vizcaya | Ermua |
Valencia | Alicante | Benilloba |
Valencia | Alicante | Gata de Gorgos |
Comunidade Autónoma | Provincia | Localidade |
---|---|---|
Asturias | Asturias | Avilés |
Cataluña | Barcelona | Cerdanyola del Vallès |
Cataluña | Barcelona | Manresa |
Cataluña | Barcelona | Sant Boi de Llobregat |
Cataluña | Barcelona | Viladecans |
Extremadura | Cáceres | Cáceres |
Extremadura | Badajoz | Almendralejo |
Madrid | Madrid | Rivas Vaciamadrid |
Madrid | Madrid | Tres Cantos |
País Vasco | Guipúzcoa | Eibar |
Comunidade Autónoma | Provincia | Localidade |
---|---|---|
Andalucía | Sevilla | Dos Hermanas |
Asturias | Asturias | Gijón |
Cantabria | Cantabria | Santander |
Castilla y León | Valladolid | Valladolid |
Cataluña | Barcelona | Barcelona |
Cataluña | Barcelona | Mataró |
Cataluña | Barcelona | Terrassa |
La Rioja | La Rioja | Logroño |
País Vasco | Guipúzcoa | San Sebastián |
Valencia | Valencia | Valencia |
Entre os méritos de Boiro está o seu parque empresarial da Espiñeira e a súa iniciativa de crear nel un viveiro de empresas, un sobre iniciativas locais de emprego e ademais de promover varios proxectos sobre economía verde.
A entrega de galardóns terá lugar en Madrid a comezos de 2011, coa presenza dos Príncipes de Asturias.
É unha rede permanente, con vocación de medrar e que aposta polos concellos para o cambio de modelo produtivo. Formar parte dela, como o vai facer agora Boiro, significará:
.- Autorización para o uso da distinción "Ciudad de la Ciencia y la Innovación" na comunicación e promoción do Concello a todos os niveis.
.- Fomento e impulso de proxetos colaborativos entre municipios que integran a Rede.
.- Integración na Rede como entidade de referencia dentro dun grupo de traballo con institucións sobre turismo científico.
.- Promoción internacional en congresos, seminarios e outras actividades relacionadas co I+D+I
.- Consideración preferente destes concellos e cidades para ubicar instalacións científicas e tecnolóxicas de titularidade ou participación estatal.
.- Priorización de Boiro como lugar preferente para organizar reunións do departamento coas Comunidades Autónomas e outros axentes dos sistemas de Innovación e Desenvolvemento, así como para celebrar congresos e seminarios dos organismos públicos de investigación.Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario