20.12.10

Boiro: 340.000 euros para construír unha nave que albergará un centro de formación e un viveiro de empresas

A infraestrutura contará cun taller de hostalaría e cociña de 135 metros cadrados

A Deputación da Coruña destinará 340.000 euros para financiar a construción dunha nave no polígono industrial de Espiñeira (Boiro), que se destinará a centro de formación e viveiro de empresas. Así se recolle no convenio subscrito na sede da institución provincial, polo presidente da Deputación, Salvador Fernández Moreda, e o alcalde de Boiro, Xosé Deira, que acudiu acompañado polo tenente alcalde da localidade, Juan Jesús Ares.

A edificación proxectada está formada por tres bloques, un bloque ou nave principal e dúas naves secundarias.

As obras de acondicionamento interior do viveiro de empresas consisten na execución das instalacións de electricidade, fontanería, saneamento, ventilación, gas e iluminación.

O Centro de Formación contará cunha aula de 45 metros cadrados, con capacidade para 15 alumnos, con mesas, cadeiras, equipos audiovisuais e computadores con conexión a internet.

O taller de cociña, cunha superficie de 135 m2 contará con maquinaria especial para a formación en hostalaría como forno, cortadora de carnes, armarios e cámaras frigoríficas, máquina de conservación ao baleiro, e esterilizador, entre outras.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical