Ribeira, 9 de decembro de 2010. A vindeira fin de semana do 11 e 12 de decembro terá lugar no Conservatorio Profesional de Música de o terceiro encontro do curso 2010/2011 da Aula Galega de Saxofón.
Saxofonistas de toda Galicia acoden ao conservatorio local para seguir perfeccionando e ampliando os seus coñecementos co mestre invitado Rodrigo Vila (profesor do Conservatorio Superior das Illas Baleares). Esta actividade, que é pioneira en Galicia ,ten como responsable de organización a José Fungueiriño Ramos, profesor de saxofón do conservatorio profesional de música de Ribeira.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario