Faustino Rey Romero, no blog Ferruxadas, onde se contan anécdotas da súa vidaRianxo, 19 de xaneiro de 2011. O BNG de Rianxo quere apoiar desde a institución municipal o traballo encetado por diferentes colectivos culturais e persoeiros da cultura en prol de dedicar o Día das Letras Galegas do 2012 a Faustino Rey Romero, crego nacido en Isorna en 1921 e morto en 1971 en Bos Aires.
"Cremos en don Faustino concorren as dúas circunstancias que os estatutos da Real Academia Galega estipulan para esta escolla: a figura elixida deberá ser autora dunha obra relevante en galego e persoa de calidade cultural e humana que mereza propoñerse como exemplo á sociedade galega de hoxe. ...Deben pasar dez anos entre a súa morte e a designación para ese día. Co impulso, que pensamos unánime, da corporación rianxeira queremos contribuír a xerar as sinerxias necesarias para que todos os colectivos rianxeiros e da Barbanza, a sumarse ás creadas noutros lugares onde a pegada de Rey Romero se estendeu: que Tui e Baixo Miño aposten pola figura deste rianxeiro para a súa homenaxe xeral de todo o país e o seu recoñecemento xeneralizado", explican os nacionalistas de Rianxo.
"A obra literaria, especialmente no campo da poesía e a súa faciana de activista cultural como un dos fundadores do Ateneo Ullán, cerne da Romaría Viquinga de Catoira, son elementos de mérito para afondar se cabe aínda máis no espallamento da súa vida e obra. Unha vez máis un dos fillos de Rianxo pode ser merecente da festa grande das nosas letras, tras Castelao, Dieste e Manuel Antonio", argumentan dende o Bng.
O BNG de Rianxo presentará unha moción neste senso para aprobala no pleno ordinario do mes de marzo, "que agardamos sexa unanimemente apoiada por todos os partidos. Ademais estando nos 90 anos do seu nacemento e nos 40 do seu pasamento debe ser obxecto en Rianxo dunha especial programación cultural.
Quen era Faustino Rey Romero?
Hai, entre outros materiais para consulta, dous libros de José Piñeiro Ares sobre el: "Semblanza biográfica de Faustino Rey Romero" (1986) e "La muerte del poeta Faustino Rey Romero" (1989). Enterámonos polo blog Ferruxadas de que o profesor de Filosofía X. Ricardo Losada, integrante do xurado que concede un premio co nome do poeta, tamén está a traballar nun libro sobre a súa figura.
Namentres, podemos ir abrindo boca co que figura na Galipedia, aquí
Relacionada:Dodro: queren que se adiquen as Letras Galegas de 2011 a Eusebio Lorenzo Baleirón
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario