A Mancomunidade dos catro concellos de Barbanza partillará espazo nos 1.400 metros cadrados do stand galego
Barbanza, 10 de xaneiro de 2011. A Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, Turgalicia, dependente da Consellería de Cultura e Turismo, instalará o seu stand institucional para a promoción do Turismo de Galicia na Feira Internacional do Turismo de Madrid, Fitur 2011, entre os días 19 e 23 de xaneiro. Serán 1.421 metros cadrados de superficie dedicados á difusión turística da comunidade galega nun dos principais mercados do mundo. Uns poucos metros cadrados acubillarán os segredos de Arousa Norte, que promocionarán Boiro, A Pobra do Caramiñal, Rianxo e Ribeira.
Este ano, o stand da Xunta de Galicia presentará a Marca turística da comunidade galega: Galicia, gárdasme o segredo?, transmitindo os seus valores emocionais (baseados no resultado dun estudo recente elaborado por Turgalicia no que se recollen aquelas percepcións que destacan na mente dos consumidores ou potenciais turistas con respecto a Galicia: autenticidade, misterio, maxia, sosego, a conexión cun mesmo e cos demais, nostalxia, o caracter acolledor e amable, etc). Tendo en conta estas claves, e baixo unha estética moi coidada e de calidade, sempre segundo a Xunta, o espazo representa a Galicia como un soño, un destino con personalidade propia onde os aspectos máis emocionais conectan con realidades concretas, onde esas sensacións ou soños poden ser vividos. Tamén se destacan aqueles elementos que nos diferencian e personalizan nun espazo escenográfico de grande atractivo e impacto visual para os visitantes.
O 800 aniversario da catedral de Santiago tamén será promocionadoAsemade, o stand difunde a totalidade da oferta turística galega: destinos, produtos e recursos, á vez que dá a coñecer os dous fitos do ano 2011: a Cidade da Cultura de Galicia e o 800 Aniversario da Catedral de Santiago. O atractivo refórzase coa inclusión de zonas de proxeccións interactivas que somerxen ao visitante por recorridos fantásticos de Galicia. O stand de Galicia contará con 16 coexpositores que mostrarán de xeito concreto a súa oferta turística. Así, estarán presentes: Deputación da Coruña, Padroado de Turismo da Provincia de Lugo, Padroado Provincial de Turismo de Ourense, Turismo Rías Baixas, Mancomunidade de Municipios Ría de Arousa-Zona Norte, Asociación de Desenvolvemento Turístico da Mariña Lucense, Mancomunidade de Municipios da Terra Chá, Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, Mancomunidade Terras de Pontevedra, Turismo da Coruña, Concello de Ferrol, Turismo de Santiago, Concello de Lugo, Turismo de Ourense, Turismo de Pontevedra e Turismo de Vigo. Ao longo das xornadas, o espazo de promoción do Turismo de Galicia albergará distintos actos de presentación de destinos e produtos turísticos, ademais de actuacións dirixidas a todo tipo de públicos.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario