O catálogo está composto por 65 propostas relacionadas coa cerámica, a xoiería, o vidro, a olería, a madeira, o téxtil, o coiro ou a encadernación, elaboradas por un total de 51 obradoiros artesáns, que se presentarán na embalaxe propia da marca Artesanía de Galicia
Boiro, 25 de febreiro de 2011. A Consellería de Economía e Industria continúa coa súa liña de impulso á comercialización do produto artesán galego, a través da introdución da marca Artesanía de Galicia en diversos mercados. Unha das primeiras iniciativas que pon en marcha neste ano 2011 é a creación dun catálogo de pezas artesanais, presentadas baixo o distintivo da marca, orientadas ao agasallo institucional ou corporativo. O obxectivo da Consellería é acadar a colaboración de entidades públicas e privadas en favor da promoción e da posta en valor do produto artesanal de calidade, feito en Galicia. Entre os obradoiros escollidos en toda Galicia atópase o boirense O Faiado, Restauración e Artesanía.
Pezas únicas
A través da Dirección Xeral de Comercio e da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, preséntase unha escolma de pezas únicas e especiais, amparadas pola marca Artesanía de Galicia, que contribuirá a abrir novas liñas de mercado non sempre accesibles aos artesáns. Trátase dunha selección de produtos que se irá incrementando co paso do tempo e que está tamén aberta ás peticións e ás necesidades específicas de cada entidade, de xeito que se poidan realizar pedidos aos artesáns incluídos no catálogo aínda que non se trate das pezas que nel se recollen.
Neste sentido, cómpre destacar as grandes posibilidades que ofrece a artesanía como valor engadido tamén como agasallo en Congresos ou Xornadas, ademais de como trofeo nos diferentes galardóns que son convocados anualmente na nosa Comunidade Autónoma.
O catálogo está composto por 65 propostas relacionadas coa cerámica, a xoiería, o vidro, a olería, a madeira, o téxtil, o coiro ou a encadernación, elaboradas por un total de 51 obradoiros artesáns, que se presentarán na embalaxe propia da marca Artesanía de Galicia.
Os obradoiros, ademais de O Faiado de Boiro, que participan nesta primeira edición do catálogo son: Maysil Artesanía y Diseño (A Estrada), Mª Dolores López Vázquez (Monforte de Lemos), Rosa Méndez (Teo), Polo Enríquez. Vidrieras Artísticas (Cambre), Santín (Cambre), Media Lúa. Artesanía en Coiro (Santiago de Compostela), Elena Ferro (Vila de Cruces), Centro de Recuperación de Cultura Popular Castelo de Sobroso (Ponteareas), Códice (A Coruña), Josefa López Maldonado (Ribadavia), Isabel Somoza (Lugo), Xabier de Sousa Alonso (Vigo), Ana Camba. Cerámica de Autor (Chandrexa de Queixa), Fernando Porto. Cerámica e prata (A Estrada ), El Reflejo (A Coruña), Estrella Novo Macía (Sada), Xorima (Teo), Artesanía Ferradáns (A Estrada), Nacho Porto Cerámica (Carnota), Fundación Terra Termarum Castrolandín (Cuntis), Obradoiro Taxus (Vilarmaior), Josefa Lombao (Outeiro de Rei), Alfarería Agustín de Niñodaguia (Xunqueira de Espadañedo), A Reitoral de Gundivós (Sober), Olería Aparicio (Malpica de Bergantiños), Barreiros Artesanía (Nogueira de Ramuín), Regal Cerámica (Viveiro), Pilar Piñeiro (Cangas), VM Artesanía Cerámica (A Coruña), José Ángel Cousillas Bermúdez (Laxe), Orfega (Santiago de Compostela), Pablo Leal (Teo), Docampo Cerámica (A Coruña), Silvereira (Teo), Ana Martínez Gómez (Cambre), Arela de Fe. Taller de Xoiería Creativa (A Guarda), Ardentia (Bergondo), Marta Armada. Diseño de Joyas (Vigo), Eira Cerámica Artesá (Cesuras), Druída. Plata de Autor (A Estrada), Rosa Higuero (Cabanas), Teresa Rego (A Coruña), Anna Champeney Estudio Textil (A Teixeira), Liño de Galicia (Baio), Asociación de Palilleiras Nosa Señora da Barca (Muxía), Encaixes Mónica Pose (Camariñas), Asociación de Padres para la Formación de Jóvenes Límite (A Coruña), Taller Arbor (Vilamarín), Asociación de Palilleiras As Nemanquiñas de Vimianzo (Vimianzo), Concha Outeiriño (Ourense).
O eido do agasallo institucional e corporativo supón unha interesante oportunidade de desenvolvemento para un sector coma o artesán, cuxa heteroxeneidade e riqueza supoñen ao mesmo tempo unha vantaxe para as entidades que decidan apostar por este tipo de pezas. Esta nova iniciativa da Consellería de Economía e Industria supón un paso máis no apoio á comercialización da artesanía galega e que contribuirá sen dúbida a converter Artesanía de Galicia nunha marca de prestixio e nun referente de calidade en calquera mercado.Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario