O Concello de Muros adicoulle un busto a Agrelo en Esteiro o ano pasado Noia, 18 de febreiro de 2011. A AGE homenaxea no apartado da edición histórica ao que fora director da noiesa Editorial Toxosoutos, Xosé Agrelo Hermo, así como ás dúas editorias que cumpren o seu XXV aniversario, Ir Indo Edicións e Hércules de Ediciones. Os editores nomearán socio de honra ao seu ex presidente Alfonso García Sanmartín.
Agrelo na Biblioteca Virtual Galega
Os premios divídense nas seguintes categorías:
Premio Ánxel Casal Ficción, Premio Ánxel Casal non ficción, Premio Ánxel Casal Teatro-Poesía, Premio Xosé Neira Vilas ao libro infantil e xuvenil, Premio Xosefa Iglesias Vilarelle ao libro educativo, Premio Lois Tobío ao libro traducido, Premio Isaac Díaz Pardo ao libro ilustrado, Premio Rosalía de Castro á mellor iniciativa editorial e Premio Xosé Mª Álvarez Blázquez ao mellor autor.
En total son 23 as obras editadas polo sector as que optan os Premios da Edición. Ademáis os autores Xosé Neira Vilas, Pepe Carreiro (quen tamén colaborou con Toxosoutos debuxando Os Barbanzóns) e Marcos Calveiro optan o Premio a mellor autor X.M.Álvarez Blázquez.
A AGE outorgou o Premio Francisco Fernández del Riego á mellor iniciativa do ámbito do libro a Espazo Lectura.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario