Elixiranse cinco intérpretes femininas e cinco masculinos para levar a escena este musical de gran formato, con Luis Tosar como protagonista
O musical, posto en escea por unha compañía sevillanaSantiago, 22 de febreiro de 2011.- Un total de 90 intérpretes participan dende hoxe nas audicións que desenvolve en Santiago o Centro Dramático Galego co fin de seleccionar os cinco actores-cantantes e as cinco actrices-cantantes que, xunto con Luis Tosar no papel protagonista, porán en escena o musical A ópera dos tres reás, versión da famosa obra de Bertolt Brecht e Kurt Weill que a compañía pública estreará a finais de xuño. O tribunal está presidido por Quico Cadaval, director escénico do espectáculo, e Carlos Ariel Gracia, director musical, é o encargado de valorar os candidatos, preseleccionados entre un total de 209 solicitudes recibidas, entre os que se atopan tanto recoñecidas figuras como novos valores da escena galega. Todos eles deben interpretar un fragmento do texto que lles foi facilitado polo CDG, así como cantar con acompañamento de piano un dos temas musicais propostos. As probas deron comezo hoxe no escenario do Salón Teatro, que acollerá sesións de mañá e tarde ata o vindeiro xoves, para trasladarse despois á sala Roberto Vidal Bolaño, no Campus Sur da Universidade de Santiago de Compostela, onde continuarán o venres e sábado.
Neste documental da BBC analízase a obra teatral de BrechtHai uns días, en Certo:

Ensaios a partir de abril
Os dez intérpretes que finalmente superen o proceso de selección comezarán os ensaios o vindeiro mes de abril, xunto co resto do equipo artístico e técnico involucrado neste espectáculo musical de gran formato, a través do que o Centro Dramático Galego contribúe así mesmo á celebración en 2011 do Ano da Música de Galicia. A compañía pública actualizará esta coñecida ópera paródica, que na súa versión orixinal constituíu o éxito escénico máis relevante do dramaturgo alemán Bertolt Brecht, quen asinou a obra xunto ao seu compatriota Kurt Weill, autor dunha partitura que incorpora cabaré, jazz e música culta, aínda que satirizada. Posteriormente, algúns dos seus temas musicais adquirirían grande sona por si mesmos, como A balada de Mackie o Navalla, Jenny a dos piratas, A canción dos canóns, Barbara song ou A balada do bordel, inmortalizados por grandes figuras da música internacional. Baseándose na peza do dramaturgo inglés John Gay A ópera do mendigo (1728), en Die Dreigroschenoper –título orixinal en alemán– Brecht desenvolve unha historia de delincuencia, crise, prostitución, miseria e abusos, ambientada na Alemaña dos anos trinta. O popular delincuente Mackie Messer seduce á filla do rei dos mendigos deste submundo, no que unha voda nunha corte desencadea unha carreira vertixinosa en que os mendigos, as prostitutas e a policía comparten protagonismo cara a un final sorprendente.Neste documental da BBC analízase a obra teatral de BrechtHai uns días, en Certo:
Premio: Quico Cadaval, finalista nos Max de teatro
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario