A moción dos nacionalistas vaise presentar no resto de concellos. Na imaxe, Pobra
Noia, 21 de febreiro de 2011. O Grupo Municipal do BNG defenderá, no pleno ordinario do presente mes de febreiro a celebrar este venres día 25, unha moción encamiñada a solicitar da Xunta de Galicia a restitución das axudas mensuais destinadas a mariscadoras e mariscadores a pé, a fin de que os mesmos poidan completar os períodos mínimos de cotización á Seguridade Social para ter acceso á pensión de xubilación na súa modalidade contributiva.
Os nacionalistas lembran que no seo da confraría de Noia calcúlanse un total de 33
mariscadoras a pé, maiores de 65 anos, afectadas hoxe en día pola retirada da axuda
complementaria concedida pola Consellería do Mar na anterior lexislatura. "Con esta actuación o Partido Popular pon ás claras cales son as súas prioridades, non estando entre elas as da defensa dos sectores da nosa sociedade máis vulnerables; intentando xustificalo baixo a falsa coartada da austeridade, sen que se recorten as partidas para publicidade e propaganda, entre outras, susceptibles de minoración ou supresión", conclúen dende o Bng.
Antes, en Certo:
Noia: o Bng reuniuse coas mariscadoras ante a supresión da axuda
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario