Tamén irán pola Ruta de Valle-Inclán, que inclúe a Casa Grande de Aguiar A Pobra do Caramiñal, 2 de febreiro de 2011. Este xoves, día 3 de febreiro de 2011, un grupo de mozos, cos seus mestres, do centro de ensinanza Ies Salceda de Caselas, de Pontevedra, visitará as instalacións do Museo Valle-Inclán.
Serán arredor de 60 mozas e mozos que chegan dispostos a coñecer o itinerario máis completo posible de Valle na Pobra. A visita comezará nas instalacións do propio Museo Valle-Inclán hacia as 11:15 horas da mañá, onde os rapaces, ademais de coñecer as salas do edificio, teñen previsto facer uns recitados na entrada principal e na Sala Max Estrella. A continuación, todo o grupo fará un percorrido pola Ruta Valle-Inclán, pasando por lugares tan emblemáticos como Villa Eugenia, residencia do escritor entre 1921 e 1925, a farmacia Tato, ou o entorno dos pazos da Casa Grande de Aguiar e O Couto. Pero non rematarán aquí, posto que teñen previsto comer nas terras de Viana del Prior para pola tardiña subir ata o miradoiro da Curota, onde o escritor asistíu a tantas romarías e onde se ubica a súa efixie, para coñecer este entorno e as inigualables vistas sobre as terras do mar de Arousa. En todo momento estarán acompañados por persoal de Cultura da Pobra e do Museo Valle-Inclán.
O grupo de mestres que acompaña aos estudantes non é novo nesta visita ao Museo Valle-Inclán, pois xa o ano pasado acudeu a estas instalacións con alumnos do centro. Este ano veñen dispostos a ampliar o seu percorrido coa ruta vital e literaria e o ascenso ó Miradoiro da Curota.
Cifra de visitantes 2010
Tamén este xoves, no auditorio do Museo Valle-Inclán, directivos desta entidade darán a coñecer as estatísticas de visitantes do ano 2010. Unhas cifras que agardamos sexan máis baixas das que se agardan este ano, que cadra co 75 aniversario do falecemento do escritor. Un 2011 no que haberá moitas máis actividades que de costume arredor da súa figura, e na que colaborará a Xunta de Galicia e outros colectivos culturais. Relacionadas:
Documental: "Este que veis aquí", sobre Valle. Rodouse na vila
Fotografía: "Coidando aos defuntiños", recolle varias fotos da ofrenda floral a Valle en Boisaca.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario