28.2.11

A Pobra do Caramiñal: as obras de reparación do paseo do Areal estarán rematadas antes de Semana Santa

A Pobra, 28 de febreiro de 2011. Cos derradeiros temporais do mes de xaneiro máis de 150 metros lineais do paseo do Areal sufriron importantes danos e chegou mesmo a desaparecer máis dun metro de area de profundidade, co que se deixou o muro de contención ao descuberto, explicaron hoxe dende o Concello.

     A primeiros de febreiro, enxeñeiros de Costas do Estado, encabezados polo xefe territorial dese organismo, Ricardo Babío, visitaron o lugar para inspeccionar os danos e realizar os cálculos necesarios para proceder a elaboración do proxecto de rehabilitación.

     O pasado xoves día 24 comezaron as obras de dito proxecto que lle foron asignadas á empresa TRAGSA, por un importe de 190.000 euros e que consistirán na retirada de todo o muro afectado e a reconstrucción do mesmo cos mesmos materiais cos que estaba feito.

     O Concello agradece a Costas do Estado en Galicia a celeridade coa que actuou para resolver esta incidencia e agarda que ditas obras estean rematadas a últimos de abril, antes das festas da Semana Santa.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical