-Lage Tuñas afirmou hoxe que "tan limpas foron as oposicións do SERGAS que outro milagre fai que os que sacaron as notas màis altas renuncian às sùas prazas por solidariedade, non por ter sido beneficiados polo poder político do PP". "É boa verdade que a Sr. Farjas a xestión sanitaria non a mellorou pero pode que vaia camiño da beatificación por tantos milagres en tan corto espazo de tempo", ironizou
"Tan limpas foron as oposicións do SERGAS que os que sacaron as notas màis altas renuncian às súas prazas por solidariedade, non por ter sido beneficiados polo poder político do PP", explicou, e foi sarcástico sobre "a limpeza das oposicións" nas que o Valedor do Pobo constatara a existencia de irregularidades despois das denuncias do PSdeG e dos representantes de persoal do SERGAS. Dixo que "o milagre das oposicións do SERGAS fai que os mellor puntuados renuncien, que ninguén pense que ten algo que ver as denuncias do PSdeG-PSOE nin o expediente aberto polo Valedor do Pobo".
Responsabilidades políticas
Lage Tuñas considera "fundamental" que o goberno galego explique quen foron os altos cargos da Xunta que deron cobertura "ao trapicheo de prazas de emprego pùblico no SERGAS". "O feito de que non existira ningùn tipo de control na sala onde se imprimiron os exames ou o feito de que un opositor se corrixira o seu propio exame son dúas perlas que amosan a impunidade e a falta de escrúpulos do PP na función pública galega", denuncia Lage Tuñas. Os socialistas galegos consideran "unha tomadura de pelo" para màis de 20.000 opositores as declaracións dos responsables da consellería negando a realidade. "Ou é que non é certo que un opositor se corrixiu o seu propio exame?", pregúntase o deputado socialista.
O segundo milagre
O parlamentario socialista maniféstase sorprendido polos milagres que suceden no SERGAS, "ao ver como os beneficiados nas oposicións por un milagre que os situou entre os mellor puntuados, agora noutro milagre renuncian ás prazas que lles corresponderían". "Por unha banda a consellería de Sanidade instálase na mentira permanente para negar os feitos constatados en informes oficiais e por outra banda prodúcese o segundo milagre nas oposicións do SERGAS: renuncian às súas prazas aqueles que obtiveron as mellores puntuacións. Por qué renuncian se houbo tanta limpeza como quere soster a conselleira Farjas?" O portavoz da Àrea Institucional do Grupo Socialista considera "insostible" a situación que están atravesando os procesos selectivos na Xunta e pide "que se remate coas malas prácticas".
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario