Rianxo, 11 de febreiro de 2011. O BNG presentou unha iniciativa no Parlamento preguntándose pola anulación do proceso de adxudicación da gasoliñeira do mar en Rianxo. "Preguntámonos por que non escoitaron antes aos sectores implicados denantes de sacar a concurso esta licitación e perder esterilmente seis meses. Tamén por que non se ten contado co Concello de Rianxo, alomenos que o grupo municipal do BNG saiba pois non fomos informados nin consultados, para estudar a ubicación en zona lindante con vivendas dunha posíbel segunda gasoliñeira independente de uso exclusivo para vehículos. A prioridade entendemos que é resolver a carencia portuaria e a partir daí se é posíbel ampliar os servizos que se podían dentro do que as normas estabelezan e minorando os problemas ambientais para os veciños", explicaron os nacionalistas.
Antes publicamos:
Plans de Portos para Rianxo (2008)
Moción para reclamar a rebaixa do prezo para gasolina no mar
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario