Ribeira, 24 de febreiro de 2011. O Partido Popular de Ribeira, na actualidade gobernando neste concello, leva no próximo pleno unha moción na que se insta ao Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Marino a que arranxe os deslindes de Os Areeiros e Palmeira Norte para que se estableza unha nova zona de servidume de protección de 20 metros. Moción íntegra:
María Herminia Pouso Maneiro, Voceira do Grupo Municipal do Partido Popular neste Concello, presenta ante o Pleno da Corporación Municipal a seguinte moción con relación ao deslinde de Costas nos núcleos situados nos Areeiros e en Palmeira Norte. EXPOSICIÓN DE MOTIVOS: Son de todos coñecidos os antecedentes que conduciron a que dous núcleos de poboación situados en Riveira (Os Areeiros na parroquia de Castiñeiras e o tramo comprendido entre a Praia do Casqueiro e o termo da Pobra, na zona norte de Palmeira) estean afectados por sendas servidumes de protección de 100 metros, coas conseguintes restricións e limitacións que isto supón. Este Goberno Local sempre entendeu que os dous asentamentos de poboación antes citados eran xa urbanos con anterioridade á Lei de Costas de 1988 ao dispoñer de todos os servizos esixidos para ser considerados como tales (alcantarillado, acceso rodado, abastecemento de auga e subministro de enerxía eléctrica), e que por tanto a zona de servidume que se debería ter aplicado era a de 20 metros. Tras unha longa loita veciñal e moitas peripecias xurídicas, esta mesma semana acabamos de saber que o Goberno central renuncia a presentar un recurso de inconstitucionalidade contra a Lei 2/2010 de medidas urxentes de modificación da Lei Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia: unha decisión que deixa a porta aberta á legalización destes e doutros núcleos costeiros situados en Galicia. É este sen dúbida un importante paso adiante, e dende a Corporación Local de Riveira queremos que a Xunta de Galicia e o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño aborden especificamente os casos de Areeiros e Palmeira Norte, de tal xeito que se respecten eses núcleos de poboación, se recoñezan os dereitos dos seus veciños e, en definitiva, se trace un novo deslinde establecendo unha nova zona de servidume de 20 metros. Por todo isto, o Grupo Municipal do Partido Popular somete a aprobación do Pleno a seguinte MOCIÓN: 1.- Instar tanto ao Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño como á Xunta de Galicia a que traten especificamente os casos de Areeiros e Palmeira Norte, anulando os deslindes existentes e establecendo unha nova zona de servidume de protección de 20 metros.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario